I Foro dos Viños do Morrazo

Temos logo o I Foro dos Viños do Morrazo, vai ser outro pasiño mais cara o recoñecemento definitivo dunha zona de anterga tradición viñateira, no monumental tratado do Huetz de Lemps xa se fala do comercio do viño no porto de Cangas, no século XVII, os numeros viaxeiros que por alá foron, máis alá da Ponte Sampaio, viron os numerosos viñedos que desde Vilaboa percorren toda a península.

Tamén terra de Furanchos, e que ten seu significado co feito de abri-lo furo anchodo barril do viño, o que leva a billa, momento no cal se procede á súa extracción e comercialización. A historia dos furanchos xa ven de vello, en tempos de Felipe II había ordenanzas para a venda e control do viño, os consumidores visitaban a casa dos colleiteiros, probaban o viño e mercábano no seu caso. Esta pode ser a orixe da tradición de vista-la adega dos elaboradores de viño, dando lugar a estes curiosos e sempre diferentes establecementos, tamén chamados loureiros, pola ramiña de loureiro que se pon na porta da adega, herdanza das Festas Dionisíacas e a figura de Baco.

Francisco Rego e José Luís Videira nun viñedo no Cruceiro do Hío.

 

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario