Discurso de Roberto Rivas na I Asemblea da FRUGA

Roberto Rivas (Fonte AGV)

Discurso de Roberto Rivas

Bos días a todos e todas compañeiros e compañeiras:
Logo de 2 anos de vida e hora de facer balance do traballo realizado, e o que para min é máis importante  marcar as liñas estratéxicas que serán os alicerces do traballo da FRUGA no mundo do viño.

Nestes 2 anos a AGV-FRUGA realizou  actividades de formacion técnica de viticultores e adegueiros, editou manuais, e mesmo axudou aos nosos socios a facer tramitacions administrativas en adega.

Tamén se realizaron actividades de promoción en colaboración con entidades públicas e os consellos reguladores, sempre tentando implicar ao tecido asociativo do mundo do viño (enólogos, catadores, sumilleres, técnicos etc.) E a nosa intención  sempre foi tentar  convencer ao consumidor final de que apostar polo consumo de viños galegos e unha aposta pola calidade. Un acto de lecer como ir de viños, pódese converter nun acto de autoafirmacion no pais.

Da mesma maneira tamen se fixeron actos de promoción dos viños dos nosos asociados, porque o cortes non quita o resto, e se os viños do país son bos, os dos nosos socios son a hostia (perdonade a brincadeira).

Da mesma maneira a AGV-FRUGA tenta dar unha vision de conxunto do mundo do viño na Galiza, por esto realizamos actividades cos viños de Betanzos, cos do Barbanza-Iria, cos viños do Morrazo, cos furancheiros, cos Viños da Terra de Ourense, ou cos do Val do Navia

Fora dos consellos reguladores tamén hai vida, e na maioría dos casos eses viticultores precisan máis do noso apoio, dado que outras portas están fechadas para eles. Hai que falar tamen dunha labor máis institucional dentro dos consellos reguladores nos que temos representación, o compañeiro Xurxo no Ribeiro, Amadeo en Monterrei e Antonio e eu mesmo en Rías Baixas tentamos centrar o devate dos novos regulamentos a redor da busca da calidade, e tendente a unhas relacións interprofesionais baseadas na xustiza.

Contexto:
Facendo unha contextualización do mundo do viño na Galiza atopámonos con un sector moi dimámico, que  tanto por parte dos viticultores como das adegas, fixeron unha oposta clara, pola reconversión varietal e pola modernización tecnolóxica. O que levou a que se movan preto de 150 millóns de euros /ano, gañando importantes cotas de mercado no exterior, e competindo sempre nun nicho de mercado de calidade.

Xurxo Alvarez, Presidente da FRUGA. Un momento do xantar no Restaurante A Culler. Abaixo un plano con José Manuel de las Heras, viticultor e Coordenador da Unión de Agricultores y Ganaderos. Un detalle do público asistente. (Fonte AGV)

Cabe salientar que no caso do viño o sector elaborador está en máns dun empresariado galego maioritariamente, o que fai que cando hai unha decision politica lesiva contra os nosos intereses, sexa fácil  artellar unha resposta conxunta do sector.
Pero ainda que o panorama e alentador tamen hai problemas:

-A caída do consumo devida en parte á crise que  disminue  o poder adquisitivos dos consumidores por un lado, e as politicas erraticas das administracións tentando criminalizar o consumo de viño.

-A perda ou estancamento do consumo dentro do pais pola irrupcion de viños foraneos de  baixa calidade, pero con un prezo inasumible para o tipo de producción galega.Ou De viños doutras latitudes cun forte peso do marquetin que os convirten en duros competidores.

-A tendencia cada vez maior de adicar gran parte  da nosa producción aos mercados exteriores fainos ter intencións de aumentar rendementos de produccion por hectarea, o que conleva a consavida baixada de calidade, e distorsina as relacions de campra venda de uvas.

-O avellentamento da poboación fai que a viticultura corra risco de desaparecer en certas ribeiras do país, temos que  traballar de cara a  incorporación de xóvenes á viticultura para cambiar esta tendencia. Tendencia que pode levar tamén  que determinadas zonas acaben sendo cultivadas por grandes empresas, e a viticultura de pequenas parcelas baseadas no terroir desapareza, co que teria de uniformador  no malsentido da palabra.

-Os mercados exteriores obrigan moitas veces a traballar cunha orientacion productivista pura, para poder así garantizar unha producción que vaia parella coa demanda, pero esto en anos de boas colleitas pode producir uns excesos de rendemento que desequilibran as relacions na compra venda de uva. Por esto a mellor ferramenta para estabilizar o mercado son os contratos homologados.

-Outro dos problemas que teñen as altas produccions dos ultimos anos é a influencia no prezo do viño, dado que nos estamos atopando que mudamos o posicianamento dos nosos viños no sector dos prezos, e de seguir baixando estamos perdidos porque sempre habera alguén que produzca mais barato ca nós.

-Tamén nos debe preocupar a falta de protección dalgunhas zonas, que fai inviable que se invistan cartos en modernizar as explotacións e moito menos en que se dea o relevo xeracional. O problema e que as administracións non se preocupan porque non hai proxectos viables, e non hai proxectos viables porque non hai seguridade para facelos.

Roberto Rivas nun viñedo seu da Parroquia de Valiñas en Barro (Fonte AGV)

Política viticola:

Europa:
As politicas europeas  favoreceron dende sempre a liberalización do sector no estado español, e esto acentuouse na OCM do 2009 con aspectos como:
Supresión de medidas de intervención do mercado.
Supresión das limitacións á plantación
Novas normas de etiquetado
Deixar en mans dos estados as liñas estratexicas para gastar os cartos adicados ao sector

Tamen houbo cousas positivas
Prohibicion do uso do azucre.
Maior control das practicas enolóxicas.
Medidas de desenvolvemento rural e protección do medio ambiente.
Maior dotacion de cartos  para promoción .

Con todo esto dende a AGV-FRUGA temos que  pedir medidas que apoien o modelo especifico da viticultura galega fortemente orientada a calidade.
Investimento en promoción exterior.
Mellora da viticultura de montaña.
Melloras para formación de viticultores e adegueiros.
Reestruturación e reconversión de viñedo.
Apoio as liñas de producción diferencida (ecolóxica, integrada,,apoio a creación de   zonas.)
Apoio as DO e IXP
E sobre todo manter o sistema dos dereitos de prantación.

Estado español:
Da política do estado español cara a viticultura galega pouco esperabamos e menos conquerimos, apoio cego as directrices europeas, e a mellor noticia foi o fracaso do proxecto “Viñedos de España”.

A Xunta:
A Xunta basea a sua politica cara o sector na renuncia:
Á lei galega do viño, ao funcionamento do banco de dereitos, a protección das nosas castes no estiquetado (so foi adiante a protección da variedade albariño), no apoio a viticultura de mantaña, recoñecemento dos furanchos, e o que e peor renunciar a un apoio decidido aos contratos homologados.

Renuncia absoluta  a apoiar aos centros de experimentación e formación vitícolas.
E como non tamén alguns recortes como os inflixidos as d.o. Que ven recortados os cartos para promocion en anos de máximas produccións.

O noso papel nos consellos reguladores  e nas mesas do viño.

Como xa dixen antes a AGV-FRUGA esta presente nos consellos reguladores de Monterrei, Ribeiro e Rías Baixas, e nas mesas do viño do Ribeiro e Rías Baixas, e temos intención que no proceso eleitoral do mes de xuño proximo acadar representación en todas as DO.

Dende aquí quero deixar claro a nosa intención de concurrir as eleccións en todas as DO. En pé de igualdade coas organizacións agrarias, esto quere decir sen ter que recoller avais para presentarnos, porque cremos que no mundo do viño foi a AGV-FRUGA quen mantivo o pulso durante estes derradeiros anos.

Foi a AGV quen defendeu o modelo dunha viticultura de calidade na renovación dos regulamentos, e fomos nos quen aguantamos da bandeira contra os que querian aplicar a política do todo vale ou da barra libre.

Polo tanto imos a apresentarnos as eleccions en solitario ou fomentando acordos ali onde sexa posible pero sempre cuns principios básicos irrenunciabeis enrriba da mesa:

1-defensa da xustiza nas relacións interprofesionales baseadas nos contratos homologados (a paz social que trouxeron os contratos ten que cheguar a todas as zonas do país).

2-defensa da calidade atraves dos controles de rendementos por parte dos consellos reguladores, como unica ferramenta para garantizar a calidade e diferenciar os nosos viños.

3-esixir das administracións que paren os recortes cara as campañas de promoción, non poden encher a boca a falar da internacionalización e recortar as axudas un 50%.

4-devemos seguir a insistir que nas nosas DO o galego ten que ser a lingua vehicular dentro do país.

Con todo esto e moitas mais aportacións que espero fagades ao documento base, tende por seguro que imos ser a opción  que mellor vai a defender unha viticultura de calidade no pais.

Nada mais e moitas grazas.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario