De adegas: Herederos de Jesús Freijido en Ribadavia

Adega de Herederos de Freijido. Fonte AGV

 

Comezamos un roteiro nada imaxinario, por adegas, bisbarras e xentes da viña e do viño, co gallo da participación na Feira Alimentaria de Barcelona iniciamos polo que máis perto tíñamos da nosa Sede de Ribadavia, e atopamos a Felicísimo Pereira, responsable de Herederos de Jesús Freijido, nome do abó do presente. A adega é unha das poucas que hai na parte histórica da Vila, en plena Xudería, foi fundada no ano 97 por tres irmaos da familia, “agora quedo eu só”, aínda lembra Felicísimo a cuba de 67 mollos que había e que donou ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Unha adega de colleiteiro con pouco mais de 9500 botellas, obtidas case todas das uvas dunha viña con non menos historia, “A Cabrita”. A dita viña de pouco máis dunha hectárea, esta situada onde se xuntan o filo Avia e o pai Miño,  no límite da parte urbán da Vila,  zona de madurez anticipada  e moi ben protexida das xeadas, ten aínda cepa centenaria, “eu vou replantando aos poucos para manter sempre unha maioría de cepas con anos, hai que esperar como 7 anos para sacar bo viño.

A finca da Cabrita a piques de despertar do sono invernal. Fonte AGV.

Aproveitamos para comentar que os “colleiteiros” no Ribeiro teñen status propio e recoñecido, teñen como límite 60.000 litros por ano e as uvas teñen que ser todas da propia colleita, de feito teñen un membro no pleno do Consello Regulador.

Felicísimo Pereira mostrando as súas elaboracións: Agás do Tempo e "El Paraguas". Fonte AGV.

Esta viña tivo unha historia de cambios como os que ocurriu na propia Denominación, as vellas cepas de Treixadura deron paso ao Xerez para desde hai anos pasar a unha recoversión decidida e que dá seus froitos, como Agás do Tempo e Viña Cabrita. Agás do Tempo é un coupage de Treixadura, Torrontés,  Albariño e Loureira;  e un novo proxecto que sae este ano e que vai ser presentado en Alimantaria, “El Paraguas”, viño elaborado conxuntamente con Marcial Pita, Enólogo e Sumiller, natural de San Sadurniño e Membro da “Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino”, viño na liña dos winemakers ou de autor, acá o coupage é Treixadura, Godello e Albariño.  Desde o punto de vista de  Felicísimo os viños refrexan o que ten de especial a viña, A Cabrita está sobre solos de pedra granita, o xábrego que tanto abunda no Ribeiro, terras que escoan rápido, moi quentes e con certa afinidade polos brancos. Os viños véndense fundamentalmente por Coruña, Ourense, Allariz, Vigo e a propia Ribadavia, e “vendemos en Alicante”.

Felicísimo Pereira cos seus viños e Marcial Pita, elaborador conxunto de "El Paraguas. Fonte AGV.

Felicísimo é moi coñecido na comarca, leva moitos anos traballando de enólogo e asesor na zona e outras do país como a Ribeira Sacra, e membro da Asociación Galega de Enólogos e xa ten participado en Alimentaria de Barcelona, unha feira imprescindible xunto coa de Burdeos, hai que ir ás dúas. Despedímonos na entrada da adega, e imos ver como responden estes viños de colleiteiro na Capital Condal.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario