De Adegas: Manuel Rojo

Manuel Rojo, colleiteiro do Ribeiro, co seu nome e persoa da sinal de identidade a unha adega e unha marca, e neste caso leva adiante o sono de calquera empresa de hoxe en día, cerrar todo o ciclo de valor. Manuel planta as cepas, poda, esterca, sulfata, vendima, elabora e despois embotella, non rematou o conto, Manuel é restaurador polo que tamén cociña e fai server o seu viño nun dos restaurantes de maior sona de Vigo, o “Rojo”. Lóxicamente todo isto é unha pequena metáfora, tamén hai mais xente, como a súa filla Aroa Rojo, o enólogo Pablo Estévez e de supor que alguna xente mais. A adega está situado nos Chaos en Arnoia, un lugarello dos varios que hai neste concello onde os colleiteiros do Ribeiro tiveron unha especial emerxencia. Arnoia daría para unha tese doutoral, de como sendo unha zona de tan pequenas con miles de parcelas, entre viñas e herdades, e aínda así é posible desenvolver economías con sustento e futuro, posiblemente o microfundio vitícola máis extremo do planeta e parte do estranxeiro.  A Chaira, Fogueteiro, Casal de Lobos, A do Pozo, Tallo, etc. son algunhas das 15 parcelas que atesoura Manuel Rojo, sumando pouco máis dunha hectárea, todas arredor dun espacio que abraza o Miño co Arnoia,  e case todas ao pé do Centro Termal de Arnoia, lugar que co cambio climático pode ter un maior valor, “temos ás veces xeadas, pero co aumento do grado nas uvas mantemos a acidez delas ao ter humedade abaixo”, efectivamente hai que recurrir á rega antexeada para protexer ben cedo ese precioso material.  Nun día da nacida primaveira andaba Manuel coa esterca e nos comentou sobre os seus viños, intervir o menos posible, embotellar tarde e non clarificar moito, tentando conseguir o mellor.

Manuel na súa adega, abaixo o nome do lugar dos Chaus. A dereita Aroa Rojo, filla de Manuel. Fonte AGV.

Para os viños brancos temos Treixadura, Lado, Albariño e Godello e para o tinto Mencía, Sousón e Brancellao, algunhas cepas teñen 50 anos como algunha de Lado, a última xoia do Ribeiro en ser redescuberta, e que precisamente mantivo en Arnoia o seu reducto. “Quero conseguir o mellor,  xa que meus clientes son meus amigos”, agora entenden e esixen mais, prefiren pagar mais por unha copa que catro de viño “malo”. A adega co nome de Manuel Rojo comezou no 2003, cunhas instalacións modernas e co equipamento á última, que inclúe unha magnífica sala para catas e xantares coas vistas magníficas do lugar. De todos xeitos a historia veu do seu pai Ernesto Rojo que tamén fundou o Restaurante Rojo de Vigo alá polo ano 72, e continuando a saga Aroa que fai tamén funcións de comercialización, promoción, aparte de botar unha mao na adega e restaurante.

Os viños elaboranse en depositos de aceiro coas castes por separado para logo completar o coupage, todo baixo a orientación de Pablo Estévez, enólogo do Ribeiro que tamén traballa con adegas doutras zonas, e que é un magnífico profesional en viña e viño. “Agora tamén fago unha partida de fermentación en barrica para enriquecer o coupage do viño branco”, viños que manteñen profundidade aromatica e goloso paso pola boca, na procura do equilibrio perfecto de grado-acidez. E podedes imaxinar, que se Arnoia e a terra das “viniñas e socalquiños”, a producción é limitada, sobre 9.000 botellas de branco e 2.000 de tinto, aínda que hai idea de seguir aumentando hai que apurarse algo para disfrutar dos viños.

Cepas vellas recen podadas. Abaixo fachada da adega. A dereita vistas do pobo dos Chaos en Arnoia. Fonte AGV.

O viño vendíase case todo no Restaurante, e tamén se manda ao norte do país, “a miña idea é a venda directa” tentar aforrar pasos na distribución, ” eu sei o que é traballar a viña e o caro que é en cartos e tempo, preferiría comprar viños aos paisanos e vendelo eu, e sería mellor para min, o viticultor e o cliente”. E así nos despedimos de Manuel, que andaba na expectativa do que será en Barcelona con este viño.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario