A AGV na Feira Alimentaria 2012 de Barcelona

A AGV, ao igual que anteriormente na Forum Gastronómico de Santiago como no Salón Gastronómico e de Turismo Xantar de Ourense presenta en Barcelona unha selección de 12 adegas  correspondentes a ás Denominacións de Orixe Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras. As adegas participantes son David Martínez Sobral do Rosal Rías Baixas, G.H.A. das Rías Baixas, Moraima de Barro nas Rías Baixas, ALAN de A Rúa Valdeorras, Manuel Rojo de Arnoia no Ribeiro, Aurea Lux de Cenlle do Ribeiro, Herederos de Jesús Freijido de Ribadavia no Ribeiro, Casal de Virmadeus de Cenlle do Ribeiro, Abeledos de Verín da DO Monterrei, Ladairo de Oimbra na DO Monterrei, Boo Rivero de Vilaza da DO Monterrei e Pazo Valdeconde de Verín na DO Monterrei. Neste dias estamos editando reportaxes de todoas as adegas presentes onde teredes máis información dos seus viños e elaboradores.

No mes pasado de Febreiro a AGV estivo no Forum Gastronómico de Compostela, escaparte de ponte entre Compostela e Cataluña, as adegas que participaron foron Antón Saborido e Entreosrios de Barbanza-Iria, Aurea Lux e Manuel Rojo polo Ribeiro; Ladairo, Crego e Monaguillo por Monterrei; Chan de Ouro e Bioca de Valdeorras; Moraima por Rías Baixas e Toalde pola Ribeira Sacra. A AGV participou cos seus viños representados en dous maridaxes organizados polo pavillón da Consellería do Medio Rural e do Mar con maridaxes de lacon galego, queixos, aceite e peixe espada.

 

Stand da AGV no Forum Gastronómico. Fonte AGV

A Asociación Galega de Viticultura participou na pasada edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar cun stand nas que presentan viños 18 adegas con 37 marcas de todas as zonas vitícolas do país, nesta selección hai marcas veteranas como Ladairo de Monterrei ou o Grupo Pazo da Bouciña de Rías Baixas e que teñen un ringleira de premios e distincións; tamén estiveron cooperativas de envergadura como a Vitivinícola Arousana con viños enfocados aos mercados exteriores emerxentes, e  como non os colleiteiros afamados con elaboracións máis limitadas e selecciónadas tanto en monovarietais como polivarietais.

Arriba stand da AGV. Abaixo Curso de Cata realizado pola AGV e unha pose con Mercedes González de Gallaecia e José Manuel García do Programa Come e Fala da Radio Galega. Fonte AGV

Tamén se puido ver o traballo esforzado de novos elaboradores no noso panorama de marcas como Javier Monsalve en Arnoia Ribeiro, Amadeo Salgado en Monterrei, Roberto Regal en Chantada Ribeira Sacra, Antón Saborido no Barbanza Iria, Francisco Crusat no Barbanza, Abeledos en Monterrei etc.  Xurden novas zonas como a de Barbanza Iria con 2 adegas, ou a posiblemente nova denominación nun futuro nos viños de Vilaboa-Morrazo. Destacar a aparición de novas marcas de escumosos como o Brinde Godello Brut de Valdeorras, elaboracións especiais con fermentación en madeira, crianza en barrica e sobre lías, etc. E tamén se fala de denominacións, e nas que pode amosar a puxanza da DO Monterrei con 5 adegas e máis de 15 marcas. Colleiteiros veteráns na liña da tradición como Xosé Villar e seu Loural, María Teresa Núñez co Bioca, ALAN en Valdeorras e Aurea Lux no Ribeiro. En fín unha selección que representou  moi ben o noso momento no sector do viño. Ao longo das xornadas houbo sesións de iniciación á cata cos viños da selección coa colaboración da Asociación Galega de Enólogos con Ivan Pateiro e José Luis Fernández do Ribeiro e Roberto Regal da Ribeira Sacra.

Arriba Roberto Regal e Iván Pateiro nas sesións de cata. Abaixo o escumoso Brinde das Adegas Roandi e unha vista do stand. Fonte AGV

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario