De adegas: Pazo de Valdeconde

Viña da Cortiña onde Mourazos. Fonte Beni Salgado

Na Cortiña e na Muradella hai unhas viñas que dan gloria, coa Mencía, Arauxa, Bastardo, Dona Branca, Godello, Verdello e Albariño, xunto ás viñas  unha casa de labranza, de pedra abastada, e cunha adega, renovada e modernizada, e xunto á casa hai un pobo, apretado como son na Raia Seca, falamos de Mourazos en Verín, e falamos dos viños de Monterrei. E nesta adega dous irmaos a sociedade: Amadeo e Beni Salgado. As terras son cunha conxunción de solos arxilosos e pedreguentos fai que no clima de intenso calor da zona se teña a suficiente frescura para o óptimo de madurez.

Pazo Valdeoconde xurde no ano 2009, e nacen as marcas Souto de Rei Branco Godello-Treixadura-Albariño e o Souto de Rei Tinto Mencía-Tempranillo. Viños coa quentura fresca do Val do Támega, fillo do pai Douro. A historia da adega é a historia da comarca arraiana, da economía da terra e a fronteira, agora tamén hai polígonos industriais polo que se poden facer máis cousas……Anteriormente o viño se vendía por olas, das de 16 litros, e na incerteza do demandante e do prezo acordado, as cooperativas non se deron ben de todo na zona, polo que había que aguantar anos bos ou ruins, se non viña antes unha xeada de abril que vendimara antes.

Cepa de Godello na Cortiña, antes da vendima. Fonte AGV

Co nacemento da Denominación non foi dabondo para normalizar a imaxe do territorio de Monterrei, bos solos, boas castes, boa xente viñateira, monumentos de sona como o Castelo dos Condes de Monterrei, e mesmo un Parador de Turismo, non chegaba..fallaba un pouco a autoestima colectiva, poucas adegas arrincaron coa Denominación, foi nos últimos anos que se deu un estirón cosa saída de múltiples marcas, que aínda hoxe non cubren a metade do potencial vitícola. O paso do granel á botella vestida demorou pero vai agora a voa velocidade, vaise abandonando as variedades con pouco interés e se traballa a fondo coas vellas esquecidas como a Arauxa (sinónima do Tempranillo), Bastardo, Zamarrica, Dona Branca, etc. Axudaron tamén os enólogos como Pablo Ibañez, que traballa asociado á prestixiosa asesoría Catavinos de Ribadavia con Alvaro Bueno e Xosé Manuel Martínez Juste.

Amadeo na Feira do Viño de Monterrei. Logo na adega nunha recepción de viticultors. Fonte AGV

A reestructuración comezou anos antes, dos vasos baixos característicos do Val se pasou ás empalizadas podadas a virote (sistema Cordón Royale), acontecía que con mellor materia prima non melloraban os prezos na mesma proporción, despois de debates varios houbo que dar o paso coa modernizacion da adega que hoxe en día elabora a colleita de 4 has coas variedes de Mencía, Tempranillo, Treixadura, Godello, Albariño e Dona Branca. E a historia se  atopou cunha viña da Muradella, que foi en tempos propiedade de  Amadeo, abó do actual Amadeo, un veciño chamado Vicente ao que cambio a dita viña atopou a estatua de Dionisio xunto ao sátiro Ampelos, do século III despois de Cristo, o que testemuña o pasado viñateiro da territorio.  E a historia da adega comezou polo ano 1968, cando en palabras de Beni Salgado a lembranza dun anciano, noso Abó Odilo, sempre cun vaso de viño na man, entre pipos, cubas e cántaras.

Adegueiro por excelencia tiña a porta aberta a quien quisera degustar o viño, un home incansable, humán e traballador. Seu “Viño”, colleitado con esmero cada ano coa mesma ilusión, elaborado de forma natural e manual, con axuda de toda súa familia, era moi coñecido no val polo “boca a boca”. Xa daquela comercializaba o Viño fora da provincia, incluso Vigo, Coruña, Pontevedra, Lugo, etc…

 

Estatua do Dionisio no Museo Arqueolóxico de Ourense. Fonte Wikipedia. Dentro da adega. Fonte AGV

Pasan os anos e Angel, seu xenro, toma a dirección da Adega, adquire terreos, reconvirte os viñedos máis antigos para mellorar a produción e calidade, moderniza e mecaniza os sistemas de elaboración do Viño, e introduce as variedades comprendidas na Denominación de Orixe Monterrei. “Angel,  o noso pai, fainos amar o Viño, como xa o toiña feito con el, seu pai Amadeo, que lle ensinou todos seus coñecementos de viticultura e viveiros, tarefa pola cal destacóu, sendo un grande viveirista da época, producindo enxertos de calquera variedade de uva, e os distribuía por toda a provincia.

Na actualidade, e facendo realidade un sono de varias xeneracions de viticultores, xa co relevo de meu irmao Amadeo, creamos este proxecto, Bodega Pazo de Valdeconde que é o resultado de moito sacrificio, esforzo e ilusión. Somos a 3ª generación, e pretendemos inculcar aos nosos fillos os mesmos valores, como fixeron nosos abos e nosos pais, para que eles continúen coa mesma tradición familiar.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario