Na XXXII Feira do Viño de Amandi

E chegamos ao barullo, se algo teñen de especial os eventos do viño na Ribeira Sacra, é iso, xente e algarada, e sen parar, comentaron que as adegas tiñan que repartir vasos de plástico xa que se venderan 2000 cataviños da organización e non había máis!. O día acompañaba e o entorno de feira maior, con postos de venda de todo tipo, e as carpas do polbo e churrasco xa con xente a mediodía. Desde logo Sober é unha máis que digna capital do antigo Reino do Viño Galego. E para que non molestara moito o sol ou a choiva unha enorme boveda parbólica, alguen alcumou como iglú, protexía o conforto da xente diante dos stands, coa debida ambientación musical de charanga e trompeta, un xeito propio  de comezar a Semana Santa.

Gerry Dawes. Fonte http://www.gerrydawesspain.com/

Comezando o roteiro tiñamos a Cividade, que atendía Chus López, que xunto a Ramón Verao levan a adega desde os inicios da Feira alá polos 80. E presentaban o Cividade Mencía e Godello. Desta adega de Bolmente faremos algunha visita especial para máis adiante. Continuamos cara Viña Cazoga, a adega do "carneiro", e atendeunos Jorge Carnero, amigo e colaborador noso, que estaba moi ledo de que alguen como Gerry Dawes, famoso crítuci de viños, que propon unha escolma de viños da RS para exportar ás Americas nos que están Don Bernardino de Sober, Toalde do Saviñao e Lareu de Chantada. Este Gerry xa nos ten moi ben falado dos nosos viños , pois o rotundo viño do Jorge teña a debida acollida alén do oceano, ver un artigo seu  na  Voz de Galicia, ou mesmo no seu Blog de Gerry Dawes No stand veciño estaba outro "artista" elaborador, o Tomás Arias, ubicado en Proendos,  tamén en coñecido en Gundivós, xa que ten o oficio de oleiro, dos poucos que quedan na tal zona de Gundivós, tiñamos expostas as xerras típicas e garrafas para augardente. Pero a nosa atención centrouse no Lucenza, viño que saiu á luz haberá uns 5-6 anos, tamén coa potencia que imprimen viñas heroicas como a "Malcavada",  xunto o Tomás estaba o Simón seu fillo que ten trazas de seguir o camiño do pai.

Diante da Adega das Muras, unha das premiadas. Jorge Carnero, elaborador e Viña Cazoga. Fonte AGV

Cos da Adega Ferreiro e Pedro de Guímaro, sempre sorrinte. Fonte AGV

Pasamos despois a adegas premiadas como As Muras e a Adega do Ferreiro, na Feira do Viño de Amandi hai os tres mellores viños, sen colocar xerarquía entre elas, e nunha delas falamos co Miguel da Adega Ferreiro, onde relataba o grande traballo a facer e que o viño iase vendendo ben. Pasamos despois por outros stands, como Guímaro, Don Bernardino onde nos atendeu seu enólogo, Conde de Piantes e Decima, que acaba de sacar o Selección Don Furioso en Memorian, entón aproveitamos para falar co elaborador, Xosé Manuel Rodríguez, tamén en calidade de Presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra da que temos a seguinte subido en video.

Print Friendly
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter
Esta entrada foi publicada en Eventos, Promoción de viños. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>