Xornadas por un Medio Rural Galego Vivo

A FRUGA, onde está integrada a AGV, xunto a ADEGA, CIG e Organización Galega de Comunidades de Montes promoven a organización das Xornadas por un Medio Rural Galego Vivo que terán lugar o venres en Pontevedra (Salón de Actos do Concello de Pontevedra) e o sábado no Local Social da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro (Poio). Estas xornadas serán un punto de arranque á alianza estreita que as organizacións citadas queren desenvolver para crear un foco de atención sobre a complexidade actual das areas rurais do país. Nas Xornadas haberá charlas sobre desenvolvemento rural, política ambiental, aproveitamentos do monte, gandeiría extensiva, cooperativismo, agricultura ecolóxica, etc. Poderemos coñecer experiencias dos baldios de Portugal, montes veciñais de Asturias e o cooperativismo da madeira en Soria, entre outras varias temáticas.

Non o dubidedes, vinde a Combarro.

Vista de Combarro. Fonte Turgalicia
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario