Xornadas Enoturísticas-Culturais na Ribeira Sacra

Ollando o río Miño desde a Cova no Saviñao. Fonte AGV

Desta nos imos a unha viaxe nada imaxinaria, un percorrido por paisaxes, sabores e palabras, deso se trata. Xuntaremos voces que falen de historia, da cultura das xentes, dos atractivos que  temos que ofrecer aos nosos visitantes, de bocaribeiras e cepas, de esforzados viticultores-as, e tamén dos gandeiros da montaña que nos deixan uns queixos que hamonizan os viños da Ribeira Sacra, diso se trata.

Lois Diéguez

Como podedes ver no programa comezamos na Capital Monfortina o día 11 de maio, e estará Chao Quintana que consultora na área de desenvolvemento turístico en distintos concellos de Galicia. Foi a directora da equipa que redactou o Plan Director 2008/2011 da área de turismo da Deputación de Lugo, falará sobre o papel do Centro do Viño de Monforte e a valorización do potencial enoturístico da Ribeira Sacra. Continuaremos co escritor Lois Diéguez, grande coñecedor da zona, que nos introducirá nas lendas e historias que nos definen un territorio que non existiría no noso imaxinario sen elas.

Robert Regal. Fonte AGV

Visitaremos  posteriormente as Adegas Moure no Saviñao e Algueira en Amandi, dúas empresas que situaron moi ben os seus viños no panorama galego e internacional.  Xa no sábado ben cedo e da man de Roberto Regal e Francisco Rego, coñeceremos e interpretaremos o aproveitamento vitícola do espacio en tres zonas, Chantada coas viñas da Esther Teijeiro que é a viticultora pioneira na producción ecolóxica, a adega Cividade na parroquia de Bolmente en Sober, Subzona de Amandi  e logo ver o conxunto arquitectonico das adegas de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón.

Xosé Luís Carrera. Fonte Agrocope

Xa iremos logo para Lugo e na capital teremos unha intensa axenda coa participación de voces como Pepe Rodríguez, empresario de longa experiencia na elaboración e venda de viños polo mundo adiante, e que recentemente deu o pregón da II Festa do Viño de Negueira de Muñiz;  Cheché Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo e que nos falará de por que “Para comer Lugo”, slogan central dunha cidade sempre recoñecida pola súa zona de viños e as tapas que ofrecen; Adrían Gómez comentará das posibilidade do mercado mexicano, unhas das principais portas do espacio latinoamericano;  e dous queixeiros, Modesto Toubes e Xosé Luís Carrera, das DO San Simón da Costa e Arzúa Ulloa, por que o queixo coprotagoniza cos viños a primeira harmonía que sempre estamos a pensar.

Mercedes González. Fonte AGV

Para remate teremos a presentación do Túnel do Viño, ou cata expansiva, onde Mercedes González, Presidente da Asociación Gallaecia de Sumilleres,  vai falar dos viños e dos queixos que van ser visibles nunha degustación colectiva por varias tabernas da cidade.   Acompañará o evento o prestixioso Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra, que traballou hai tempo sobre a vitcultura do Antigo Réxime na Galiza e Xosé Mouriño que é o funcionario da administración que mellor coñece o traballo feito cos viñoe e queixos. E lóxicamente o agradecemento ás institucións que apoian o evento, como a Deputación Provincial e a colaboración do concellos de Lugo, Monforte e a Pobra do Brollón, como tamén o Consello Regulador da Ribeira Sacra e as DOP dos Queixos, e como nón ao Xerente da Rede Galega de Empresas, Manuel Vázquez, instigador desta singular andaina.

Programa do evento en pdf:  Programa.-Xornadas.pdf

 

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter