A Gastrosexoloxía en escena

Monica Novas. Fonte AGV

 

A gastrosexóloga Mónica Novas vai interver nunha xornada o 11 de maio nun lugar moi especial, como a Adega Alán de Val, situada nunha lomba ao carón da Rúa de Valdeorras, onde saen viños de ensoño. Monica leva xa dando que falar sobre esta temática, que en apariencia nos pode resultar algo “curiosa”. Podedes descargar un artigo: Gastrosexoloxía á procura da viagra gastronómica en internet onde nos fala destas cuestións a relacionar entre a terra e a sensualidade que pode evocar. Tamén aproveitamos para dar algunha información das posibilidades enoturísticas da propia Adega Alán e das que na AGV estamos traballando e proxectar roteiros por todas as bisbarras vínicas do país, como xa imos facer na Ribeira Sacra esta fín de semana. Desde logo pensar que en certa maneira non se pode deslindar prazer e desenvolvemento da cultura do viño no país.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario