Temos a oportunidade de anunciar a saída dun medio de comunicación galego, neste caso en formato dixital e semanario en papel, é o Sermos Galiza, despois dunha andaina de máis dun ano recollendo apoios duns 900 accionistas, nesta publicación a AGV e a FRUGA disporá dun vieiro máis de comunicación sobre a realidade sectorial do agro e a do viño en particular. E por iso unha honra ter na contraportada a un persoeiro que ten tras de sí unha historia de esforzo e entrega nas reivindicacións políticas e sociais das xentes da economía da terra, alá xa polos anos da dictadura. De feito participou nas protestas contra as expropiacións do encoro de Castrelo de Miño alá polo ano 1964 así como na loita contra a cota empresarial e a denuncia dos fraudes do viño no Ribeiro. Aristibolo Quinteiro, o Tobo, é un viticultor do Ribeiro, que sempre viviu e vive da terra, socio da Adega Cooperativia Vitivinícola do Ribeiro, que explota varias parcelas nas Regadas, foi fundador das Comisións Labregas e ten sempre manifestado con incansable contundencia as firmes convicións sobre calquera cuestión que afecte á xustiza social e económica que teña a ver co día a día das persoas de toda condición. No ano 2006 recibiu xunto a Xosé Chao Rego o Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra, unha distinción que recoñece os moitos anos adicados a “Promoción da Terra”, sobre todo o Tobo é un humanista que habita nunha república de viñas e adegas. Reproducimos a entrevista feita por Carme Vidal do Sermos Galiza que aparece na contraportada do nº 0 do Sermos Galiza en pdf
Categorías
Calendario
- No upcoming events
Hemeroteca
A AGV en imaxes
A AGV en palabras
Asociacións
Avisos Metereolóxicos e Fitopatolóxicos
Consellos Reguladores
- Comissão Vitivinícola Regional de Trás-os-Montes.
- Consello Regulador da DO Bierzo
- Consello Regulador da DO Monterrei
- Consello Regulador da DO Rías Baixas
- Consello Regulador da DO Ribeira Sacra
- Consello Regulador da DO Ribeiro
- Consello Regulador da DO Valdeorras
- Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia
- Região dos Vinhos Verdes
- Viños de "Tierra de Cangas"
Formación e Investigación
Paxinas de interese
- A AGV en Facebook
- Atlantic Ponte
- Bago Miudo
- Casa Alongos
- Cristina Alcala.com
- Elmundovino.com
- Enofílicos
- Federación Rural Galega
- Foro e-nologia
- Galeguizar Galicia
- Instituto da Vinha e do Vinho
- Irmandade dos Vinhos Galegos
- Ivinourense
- La otra botella
- Los gustos mios
- Mercedes Embajadora. Análisis Sensorial
- O Viticólogo dos Bagos
- Rede Galega de Empresas
- Região vitivinícola de Valpaços
- Sermos Galiza
- Servino
- Vinetur
- Vinhas de Chaves
- Vinificatum
- Viños de encostas
- Vinos de Monterrei
- Vinos Naturales
- Viticultura Atlántica
- Wine Tasting, Vineyards, in France
Turismo enolóxico
Viñas e Adegas












