Os pasados días 19 e 20 de abrils tivo lugar no Auditorio Municipal de Valga en Cordeiro unhas Xornadas Técnicas sobre as pragas e doenzs na vide, as Xornadas están encadradas no Proxecto sobre o Desenvolvemento de Perspectivas da Viticultura na Bisbarra Arousana da IXP dos Viños da Terra de Barbanza e Iria. Os conferenciantes foron Isaac Rodríguez Silva e Xosé Manuel González Vilas. O evento contou co apoio do GDR Umia-Ulla-Lérez e a colaboracion da Asociaciónde Viticultores de Ribeira de Arousa e a Asociación Galega de Viticultura AGV e a Federación Rural Galega FRUGA.
Temos dúas intervencións sobre como abordar a defensa vexetal, en concreto, como ter criterios para ver os problemas que temos na viña con respeito a pragas e doenzas. Na primeira o Enxeñeiro Agrícola Isaac Rodríguez Silva da empresa ASERAGRO nos expón o conxunto de doenzas e praga que atinxén ás videiras, como observar síntomas e logo analizar os tratamentos necesarios. Tamén nos aconsella sobre os equipamentos de aplicación fitosanitaria, a escolla de productos e materias activas como as esixencias administrativas como o caderno de explotación.
Temos en pdf a exposición de Isaac sobre as cuestións tratadas nas Xornadas: XORNADAS DE VITICULTURA: PRAGAS E DOENZAS
O Enxeñeiro Agrónomo Xosé Manuel González Vilas da Asociación Galega de Viticultura fala das razóns por que as plantas enferman, por que son ás veces máis susceptibles a doenzas ou ataques de pragas. Partindo da revolucionaria teoría da trofobiose do Doutor Chaboussou se tenta chegar a seguinte consecuencia: “en planta sana a praga morre de fame”, de resultas disto a estratexia de defensa vexetal vai a ráiz do problema, na medida que as plantas están equilibradamente alimentadas desde o solo e das aplicacións foliares irá na mellora da saúde nutricional da planta e polo tanto da resistencia a problemas. Isto cambia radicalmente a abordaxe clásica de eliminar potenciais enemigos, que ademáis provocará os problemas “ioatroxénicos” ou sexa que os productos agrotóxicos alteran o equilibrio metabólico, tamén os adubos solubles nitroxenados, na saiva da planta se acumulan azúcares solubles e aminoácidos soltos que son precisamente os que as pragas necesitan para alimentarse e reproducirse, ou sexa canto máis tratamos con estas sustancia máos precisamos logo tratar, a cuestión de todos xeito segue sendo complexa . Seguiremos falando disto en próximos artigos.
Exposición en pdf :Por que enferman as plantas