Xornadas Técnicas e Inauguración da XX Feira do Viño do Rosal

Temos máis outro ano unha edición da XX Feira do Viño do Rosal, e por terceiro ano a AGV organiza as Xornadas Técnicas que serven de anticipo á inauguración pola tarde na Praza do Calvario. Temos dous persoeiros acreditados no estudio de importantes aspectos da nosa viticultura, como é son as técnicas, as castes, a historia e a cultura. Estas xornadasa contan co patrocinio das empresas Basf, Bayer, Calfensa, Lainco, Sipcam e Tradecorp.

Francisco Rego. Fonte AGV

Comenzamos logo con Francisco Rego, Enxeñeiro Agrícola titulado  pola EUETA de Lugo que no ano 1974 comeza a traballar no antigo Servizo de Extensión Agraria de Ribadavia. No ano 1993 se incorpora á area de viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galiza, onde desenvolve varias tarefas de divulgación, formación e investigación da realidade vitícola do país. De feito xunto con Enrique Pérez e baixo a dirección de José Antonio Iglesias desenvolve o colosal traballo de identificación do potencial vitícola galego, que permitiu clasificar inicialmente máis de 67 castes autóctonas, traballos que aínda teñen continuidade dentro da comunidade científica. Tamén na charla do día 13 vai abordar a proposta dun abano preferente de castes para o Baixo Miño e a incidencia de “novas”  doenzas que ten preocupado nos últimos tempos, com pode ser o caso do black rot. Francisco Rego ten participado e colaborado en numerosísimas actvidades organizadas pola AGV e a FRUGA, como charlas sobre poda, enxerta, deseño de plantacións, etc.

 

Xavier Castro

Xavier Castro, Doutor e Profesor de Historia Contemporanea na Universidade de Santiago de Compostela, ten escrito numerosísimos traballos e publicacións sobre a historia da alimentación na Galiza, e en especial a historia e cultura do viño. Destacan ” A Rosa do Viño” e “A la sombra ejemplar de los parrales”, estous dous sobre a viticultura e ” A mesa e manteis” e “Yantares Gallegos: historia de la dieta atlántica” onde aborda a evolución dos xeitos de alimentación na nosa historia. Foi temán asesor científico do anexo documental teleserie “As leis de Celavella” da TVG: ” O mundo de Celavella”. Xavier Castro tamén terá a honra de oficiar o pregón da Inauguración da XX Feira do Viño do Rosal, localidade na que tivo o ano pasado unha destacada participación na recuparada Festa da Vendima de San Miguel de Tabagón ou máis recentemente no Pregón da Mostra dos Viños de Vilaboa. Xavier Castro repasará fitos e costumes entorno ao viño, con destaque na tradición do Baixo Miño, certamente sorprenderá ao público con cuestións que a poeira da historia teñen falsamente soterradas.

Polo demáis temos logo a Feira con presencia de 12  adegas da Subzona do Rosal na DO Rías Baixas (que comprende viñedos amparados e incluídos nos concellos de A Guarda, Gondomar, O Rosal, Tomiño e Tui). E asistirán 12 adegas que elaboran viños na dita subzona.

1. Pedregales
2. Tollodouro
3. Gaudila
4. Altos de Torona
5. Gran Novás
6. Quinta de Couselo
7. Santiago Ruiz
8. Lagar de Cervera
9. Valmiñor
10. Terras Gauda
11. Canónigo Areal
12. Remesal

Podedes ver a programación completa: PROGRAMACION_XX_FEIRA_DO_VIÑO_DO_ROSAL_2012

Un momento da edición do 2011 da Feira do Viño do Rosal. Fonte AGV

 

Print Friendly
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter
Esta entrada foi publicada en Eventos, Promoción de viños. Garda o enlace permanente.

Unha Resposta a Xornadas Técnicas e Inauguración da XX Feira do Viño do Rosal

  1. raquel biscaia says:

    Estivemos alá -eu que son de acá de Valdeorras, case o recorrido dos nosos ríos completo,
    e penso que foi un éxito de feira. Tivemos a honra de degustar eses viños do Rosal, leváronse botellas ás mesas acompañando variadas alternativas culinarias que ofrecía a Feira do Viño do Rosal na sua xa vinteava edición. Moita calidade, moita cualidade propria…. Non defrauda as expectativas. Boísimos caldos. Gustoume todo. Juárez ? reuníndose cos afectados das preferentes.. jaja .. Non sei que opinades as bocas e beizos que xa probastes tamén… jaaajaaa jjaa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>