Tentar resumir matices, detalles, conversas, emocións un acto da semellanza do Auria Vinum podería resultar pouco serio e mesmo inútil.. quedarán as impresións para os que tiveron sorte de asistir, o resto nos contentaremos con esta colaboración do Manu para o blog da AGV, enólogo e artista a partes indistinguibles, foi o autor do cartaz do evento e que nos deixará simplesmente un acuse de recibo do que foi, comeza a conta atrás para a esperada próxima edición…..que será segura co concurso dos amigos da AGASU e o apoio da Concellería de Turismo de Ourense e na persoa de Isabel Perez.
Por Manuel Sánchez: O pasado sábado 7 de Xullo tivo lugar o primeiro túnel do viño de Ourense nunha xornada única e especial coa que remataba Auria Vinum e que fora precedida os días 2 e 3 coas catas comentadas no café-restaurante Maimón. Un encontro de 28 bodegueiros e que representaban a esencia mesma da viticultura e a enoloxía galegas. O evento se desenvolvemento no museo municipal de Ourense da rua Lepanto compartindo a exposición de pintura de Basalo. Arte e viño deron o marabilloso ambiente retrospectivo do autor inspirado nos anos 60 e 70 en torno á antiga sala Auria de Ourense e harmonizando coas cores das singulares obras o abano de viños do noso país con toda a riqueza das súas castas e caldos froito do traballo e esforzo dos que dedican a súa vida e o seu dia a dia á vide e o viño.
Pola mañá tivo lugar simultáneamente a sesión de maridaxe que o xefe de cociña, Javier González do restaurante A Rexidora do Grupo Nove ofreceu aos 30 asistentes de perfecta combinación entre os viños seleccionados das catro DO da provincia de Ourense e a súa amable integración en receitas de verán coas mellores materias primas da nosa terra. Tanto á sesión de maridaxe como ao túnel do viño se contou coa asistencia de Isabel Pérez, Concelleira de Turismo e Cultura e tenente alcalde de Ourense, quen con sinxela e firme sinceridade insistiu na importancia de Auria Vinum como precedente cultural e económico para o desenvolvemento e expansión dos nosos viños cara ao mercado exterior, concienciando os propios galegos da súa calidade e singularidade, e dando iniciou a unha nova perspectiva de promoción no escenario de Ourense, como capital termal e nucleo de consumo e difusión dos nosos caldos.
Pola tarde, e despois da parada do mediodía, o primeiro túnel do viño reiniciou a súa xornada na que foi notable a asistencia de público en xeral así como a de medios de comunicación ata a clausura ás 21:30 horas da noite na que, de non se ter tido que cumprir o horario oficial establecido do museo, se tivese prorrogado moi de seguro ata moi entrada a noite este xenuíno espectáculo do viño. Túnel de luces, aromas e sabores, charlas e experiencias, amigable encontro de amigos e amantes do viño, o noso viño, fonte inesgotable de sensacións, paixóns e encontros nun bonito punto en común: de novo o noso querido viño, o viño galego. Deixamos unhas verbas do Antonio Portela que deitou a mode de manifesto panfletario no blog “Bago Miudo“….
“Somos ricos nisto do viño, pero non o sabemos, deberiamos beber a litros os viños de nos e do mundo enteiro…”
Damos conta a continuación das adegas que concorreron no primeiro tunel do viño de Ourense
José Luís Aristegui da DO Valdeorras
SAT ALAN da DO Valdeorras
Castro de Lobarzán da DO Monterrei
Tapias Mariñán da DO Monterrei
Manuel Guerra Justo da DO Monterrei
Pazo de Valdeconde da DO Monterrei
O Cabildo de Oimbra da DO Monterrei
Boo Rivero SAT da DO Monterrei
Francisco Pérez Diéguez da DO Monterrei
Adega Abeledos da DO Monterrei
Bodega Tabú da DO Monterrei
Herederos de Jesús Freijido da DO Ribeiro
Casal de Virmadeus da DO Ribeiro
Alejandre Nores da DO Ribeiro
Manuel Formigo da DO Ribeiro
Pazo Casanova da DO Ribeiro
Manuel Rojo da DO Ribeiro
Adega Eduardo Rodríguez e
Luz Cánovas da DO Ribeiro
Javier Monsalve da DO Ribeiro
Adega Vella da DO Ribeira Sacra
Roberto Regal da DO Ribeira Sacra
Alan de Val da DO Valdeorras
José Luís Aristegui da DO Valdeorras
María Teresa Núñez da DO Valdeorras
As Furnias da DO Rías Baixas
Bodegas Coto Redondo da DO Rías Baixas
Cooperativa Moraima da DO Rías Baixas
Adega Os Areeiros do Morrazo
Viña Regueiral da DO Ribeira Sacra
Gaudila da DO Rías Baixas














