Taller dos licores en Monterrei

Saboreando o traballo ben feito Fonte AGV

O pasado 22 de marzo rematou o Taller de Elaboración de Licores Tradicionais organizado pola AGV, que tivo lugar na Casa da Cultura de Albarellos (Monterrei), no que 20 alumnos e alumnas aprenderon do mestre-enólogo Manuel Sanchez, en 5 xornadas de 2 horas, a elaborar distintos licores:

Preparando o licor café Fonte AGV

– Licor de Herbas de Galicia
– Licor Café por dous métodos
– Licor de mel
– Licor de figos
– Licor de Castañas
– Licor de laranxa
E cremas:
– Crema de augardente
– Crema de licor de herbas
– Crema de café

Con ampliación de coñecementos teóricos sobre a destilación, as herbas aromáticas, medida e rebaixe da graduación alcohólica…
Na última xornada os/as asistentes poideron catar os seus licores e cremas, e fóiselle entregado un Diploma e un Manual de elaboración con moitas máis recetas.
Tamén levaron unha pequena mostra do que esperemos que sexa o primeiro de moitos licores que elaboran os participantes deste taller, para que sigan a tradición galega do licor café e demáis bebidas espirituosas con produtos da terra.

Cartaz do Taller de Licores Tradicionais
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter