A AGV participou no Vinis Terrae 2013

Stand da AGV en Vinis Terrae 2013. Fonte AGV

A AGV participou no V Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Vinis Terrae, que se celebrou no recinto feiral de Expourense entre os días 27 e 28 de maio de 2013.
Vinis Terrae é un salón exclusivamente profesional e especializado nos viños e licores de Galicia ca misión de presentar os seus produtos a posibles compradores nacionais e importadores procedentes de distintos países do Mundo.

Durante a feira tivemos varias entrevistas de negocios axendadas onde presentamos todos os viños que levamos, que , nesta ocasión foron:
Alán de Val, da D.O. Valdeorras, con viños Alán de Val Godello, Pedrazais Godello e Escada Garnacha.
Antonio Saborido, da I.X.P. Viños da terra de Barbanza-Iria, con Xirpín.
David Martínez Sobral, da D.O. Rías Baixas, con Lagar de Pedregales.
Entre os ríos, da I.X.P. Viños da terra de Barbanza-Iria, co Altares de Postmarcos e Casal do Monte.
Guillermo Martínez Pintos, de Vilaboa, con Os Areeiros.
Roandi, da D.O. Valdeorras, con Alento, Dona Delfina e Bancales.
Roberto Regal, da D.O. Ribeira Sacra con Toalde.
Viña Moraima, da D.O. Rías Baixas con Moraima e Aba.


Tamén tivemos entrevistas con compradores que se dirixiron ó noso stand despois de probar algún viño no Túnel do Viño (espazo no que se expuxeron mostras dos nosos produtos e onde profesionais puideron coñecer un maior número de referencias), os visitantes representaban a unha treintena de importadores e distribuidores procedentes de Suecia, Dinamarca, EEUU, Perú, Nigeria, Países Baixos, Reino Unido, Bélxica, Brasil, Cataluña, Illas Baleares, Madrid e por suposto Galiza.

Joaquín de Alán de Val cos premios de Pedrazais e Moraima. Fonte AGV

Durante estes dous días tivo lugar a Exposición de Lagares Rupestres, catas, maridaxes, conferencias e a III Cata Nacional Extraordinaria VINIS TERRAE dos viños e licores presentes no salón, na que premiaron ca medalla de bronce dous dos viños que nos acompañaron: Pedrazais Godello sobre lías de Alán de Val e Moraima albariño de Viña Moraima. Este evento tamén foi aproveitado para dar a coñecer unha nova iniciativa onde participa a AGV conxuntamente coa Rede Galega de Empresas, o xurdimento do Grupo IZA Comercial, que vai traballar na promoción e mercados de produtos agroalimentarios galegos, con especial enfoque na area de América Latina e os países da lusofonía africana.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter