Emoción dos Viños en Tui

Mesa da AGV na Emoción dos Viños do 2012. Fonte AGV

Como outros anos, temos xa a terceira edición do Emoción dos Viños, que organizan os nosos amigos da AGASU (Asociación Galega de Sumilleres),  e na que a AGV vai ter presencia directa, como na anterior edición. Estarán unha seleccion importante de adegas galegas de todas as bisbarras vitivinícolas do país, elaboracións coidadas e artesanais que casan coa filosofía do evento, que ven sendo sentir a emoción dunha copa de viño entre as pedras do claustro da Catedral de Tui. Participan por primeira vez neste evento dúas adegas asociadas, Manuel Cancio do Val do Navia cos seus viños Panchín (branca lexítima, verdello tinto e mencía) e Xico de Mandín (DO Monterrei)  co  Couto Mixto Tinto (mencía, bastardo, arauxa) e Branco (Dona Branca).

Nun espazo desta magnitude que favorece a meditada degustación de manxares divinos coma o viño, seguimos cos mesmos obxectivos que marcaron a primeira edición desta reunión de viños e amigos que é “A Emoción dos Viños”:

Sabado día 15 de xuño, Claustro da Catedral de Tui

O programa do evento

12 h. – Apertura do salón. As 11 abriremos para a recepción das botelllas.

14 h. – Comida Teremos un espazo no casco vello de Tui para comer xuntos.

17 h. – Apertura

21 h. – Peche

Para máis información en Viticólogo dos bagos

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter