O Ribeiro distingue o traballo de Francisco Rego durante a entrega dos premios da D.O. 2013

Francisco Rego cos seus fillos Casiano e Tania despois de recibir o galardón. Fonte AGV

Tivo lugar no incomparable ambiente do mosteriro beneditino de San Clodio en Leiro a entrega dos premios 2013 da DO Ribeiro, e ateigado de persoas convidadas entorno o mundo do viño, así como responsables de adeguas e colleiteiros-as, contou tamén coa presenza das altas instancias do país. Desde a AGV queremos destacar o premio como Persoeiro de Honra do Ribeiro a Francisco Rego Martínez, responsable da area de Viticultura da EVEGA e importante colaborador da AGV e a FRUGA, e que non deixa de ser un pequendo recoñecemento dun traballo de máis de 30 anos no Ribeiro e por extensión a todo o país no que supón a procura e catalogación das nosas cates autóctonas, por agachadas e lonxe que se atoparan, e que permite dispor na propia EVEGA unha colección de máis de 60 castes diferentes. Tamén resaltar o protagonismo de Paco Rego na recuperación para o coñecemento do gran público de zonas vitícolas históricas como o Val do Navia, Morrazo e Baixa Limia, nas que a AGV está acometendo diversos proxectos.

Francisco Rego, recibindo o premio. Fonte AGV

Na súa intervención, Francisco Rego fixo lembranza ao desaparecido José Antonio Iglesias, que foi o primeiro Director da EVEGA alá polo ano 1987, que apenas sen medios e recursos acometeu a colosal tarefa de preservar as noas castes autóctonas, que naquela algura estaban sufrindo un acelerado proceso de desaparición e esquecemento.

No evento deronse premios en diversas modalidades relacionadas coa divulgación e gastronomía como foi a xornalista do viño Cristina Alcalá, o Restaurante Novo de Ourense, o Grupo Bodeguillas de Compostela, Pepe Soia, Pepe Beiro da Viñoteca Beiro de Compostela, o IES de Foz, etc.

Viño e historia xuntaronse na Entrega dos Premios no Mosteiro de San Clodio. Fonte AGV

E os premiados no apartado de viños foron as adegas José Meréns polo seu tinto 30 copelos, SAT A Portela polo Primacía branco e Cuñas do Avia no apartado de colleiteiros-as. No coctel que houbo despois da entrega de premios puideron ser degustados aparte dunha selección ampla de viño do Ribeiro, elaboracións gastronómicas como o tartar especial de vaca do Pepe Soia, polbo, queixos das diferentes zonas galegas, etc. Tamén foi presentado un novo documental publicitarios con novedosas técnicas 3D e que recollía o lema de Ribeiro, esencia galega.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter