Técnica e Novas: novo boletín da AGV

Desde o mes de xuño sae semalmente, como servizo aos asociados e asociadas da AGV o boletín Técnica e Novas, que supón unha ferramenta áxil e útil para as necesidades da nosa viticultura, con especial seguimento das problemáticas agronómicas como a fitopatoloxía, as técnicas de manexo, solos, etc. Tamén recolle os informes sobre situación vexetativa do cultivo nas diferentes bisbarras do país, así como as recomendacións que elaboran os técnicos-as da AGV e informacións valiosas sobre insumos diversos como os fitosanitarios e adubos, e calquera outra innovación de interese. Se quere estar á última non dubide en asociarse á AGV.

En próximos números incluíremos aspectos relacionados coa elaboración do viño e que queremos que se integren na filosofía de que viña e adega están conectados e nesa relación están as chaves que temos que coñecer para mellorar o produto final.

Como exemplo pode descargar o boletín nº 2 do mes de maio Boletín Técnica e Novas AGV nº 2

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter