VIDE VIDE! Novo Espazo Enocultural

Martiño Santos, un dos promotores do VIDE VIDE!. Fonte AGV

O próximo mércores 26 ás 19:30 inaugúrase o  VIDE VIDE! espazo enocultural na Fonte de Santo Antonio 10 en Compostela. Está convidado-a todos aqueles que sinten o viño no noso país, en toda a súa extensión e diversidade. VIDE VIDE! é unha iniciativa longamente traballada por dous activistas e proletarios do noso sector vínico, falamos de Martiño Santos e Xosé Gontá, seguramente ninguén quedará indiferente a esta estrea, desde a AGV e a FRUGA lanzamos os mellores desexos a esta nova realizacion empresarial e cultural dos viños galegos.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter