De Pontevedra a Valdeorras

2013-07-06 11.07.19
Viña Bancales de Roandi. Fonte AGV

Dende Pontevedra trasladouse un grupo de 38 persoas, atraídas pola curiosidade de coñecer máis viños da D.O. Valdeorras, logo de facer un curso de cata coa Asociación Galega de Viticultura. A pesares da calor, foi un día moi ameno e produtivo, visitas a adegas Roandi, Alán de Val, aos seus viñedos, e ao Santuario das Ermidas.

Ás 11 da mañá chegamos a Éntoma, no concello de O Barco de Valdeorras, onde nos agardaba unha visita á adega Roandi, fomos moi ben recibidos, por Gerardo Rodríguez, xerente da adega, Luis Ferney, encargado da viña e Divina Gayoso, propietaria
Gerardo Rodríguez, foi o encargado de ensinarnos a obra de ampliación da adega, un proxecto ambicioso que a situará entre as adegas de maior capacidade da D.O. Valdeorras, tamén nos ensinou a adega actual, cos depósitos, as barricas de Carballo francés e a cova natural onde repousa o Brinde, escumoso elaborado según o método tradicional, 100% Godello.

2013-07-06 10.33.40
Dentro da Adega de Roandi. Fonte AGV

Logo fomos a ver a viña Bancales, que, como o seu nome indica, está cultivada en socalcos, acompañados tamén por Luis Ferney, encargado de coidar, xunto con seu pai, as vides de onde parten os grandes viños de Roandi, que manexan con sentido común e con moito respecto á terra, son viñedos asentados en ladeiras de 525 m. de altitude, sobre solos de natureza pizarrosa e arxilosa, viñedos de cepas ancestrais mesturados coa reconversión de viñedo de variedades nobres galegas, mestura equilibrada que lle imprime aos viños sensacións complexas, diferentes… únicas.

Para rematar a visita a Roandi, degustamos os viños na grata compaña de Divina Gayoso, que nos contaba coa ilusión que traballaban neste proxecto. Os viños foron: Dona Delfina, Godello 100%, mestura de cepas centenarias con viñedo xoven, Alento, Godello de cepa vella sobre lías, e Bancales, Mencía, Souson e Albarello con paso por barrica de carballo francés, todos eles acompañados cunhas exquisitas empanadas, onde sorprendeu a de acelgas, típica da zona.

Nos viñedos da finca Pedrazais en ALAN baixo o torrento sol. Fonte AGV
Nos viñedos da finca Pedrazais en ALAN baixo o torrento sol. Fonte AGV

Deixamos Roandi e achegámonos ata outro concello da comarca de Valdeorras, A Rúa, nela visitamos Alán de Val, adega propiedade de tres irmáns Joaquín, Jose Luis e Manuel (You) que traballan incansablemente por unha paixón que herdaron de seus pais. Tivemos unha benvida especial, pois eramos o primeiro autobús que subiamos ata a finca Pedrazais, onde está ubicada a adega. Fomos recibidos polos irmáns Sánchez, Joaquín e José Luis, acompañados polos seus fillos, Eduardo e Mario e José Manuel Trincado, encargado das viñas. Joaquín Sánchez, explicounos a historia da adega, a importancia das Denominación de Orixe, e a diferenza dos seus viños. Ensinounos a adega e as marabillosas vistas que se observan dende ela.

2013-07-06 13.32.04
Xantar na adega Alán de Val. Fonte AGV

Logo disfrutamos dun suculento xantar, acompañado polos viños de Alán de Val, Godello e Mencía xóvenes e Escada, un garnacha que sorprendeu aos comensais e que, como nos contou Joaquín, é unha homenaxe aos seus antepasados que sempre elaboraron viño con esta variedade. Escada é o exemplo de que con un manexo e un trato adecuado, a mal afamada uva alicante, pode dar viños excelentes.A comida celebrouse nun marco incomparable, entre os depósitos da adega, onde o fresco se agradecía moito, xa que o día era máis que caluroso.

2013-07-06 16.44.09
Detalle da fachada do Santuario das Ermitas. Fonte AGV

Xa por último fomos a un terceiro concello da comarca, O Bolo, onde visitamos o Santuario das Ermitas, encaixado entre montañas, do período barroco, a súa fachada foi edificada entre 1712 e 1726, por Juan Martínez Pita, onde atopamos referencias ó cultivo da vide, signo da importancia e historia que ten nesta comarca. Ás 7 da tarde deixamos as Terras de Valdeorras, coa impresión de ter aproveitado moi ben o tempo, e con moi bo sabor de boca, sabor que deixaron os grandes viños que se elaboran nesta terra.

Adega Roandi             Adega Alán de Val

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter