PROBA E SABOREA DO NOSO

Cartaz Allariz

“Proba e Saborea do Noso” Allariz, 13 e 14 de Agosto

A Asociación Galega de Viticultura presenta unhas Xornadas co título de “Proba e Saborea do Noso” que forman parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol. Estas Xornadas abordarán o mundo das nosas producións agroalimentarias con calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que impoñen os ciclos económicos actuais. Cada vez hai máis conciencia da dimensión “intanxible” das empresas produtoras e transformadoras do sector primario. Os viños puxeron en escena ás Denominacións de Orixe e que se estenderon ao resto de producións autóctonas; mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detrás dun establecemento de hostalería ou turismo rural?

Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, cobra forza as ideas de eficiencia, cooperación e sinerxia; os produtos presenta unha faciana comercial e estética nas súas etiquetaxes, nas presentacións publicitarias multimedia, nas feiras, nos mercados, na nube dixital…mais tamén encarnan o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, da historias das súas xentes. Se o sentido do consumo en abstracto non pode estar unicamente determinado pola necesidade inmediata de nutrise, e que tamén inflúen os sentidos e emocións de cada persoa. Por iso resulta lóxico encadrar as propostas de expansión da nosas fileiras agroalimentarias e gastronómicas na suma da globalidade dos nosos elementos de proxección e atracción. Xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera das nosas Denominacións de Orixe sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes. Disto tentaremos falar, debatir e degustar en Allariz, achégate..

Colabora: Concello de Allaríz, Federación Rural Galega, Rede Galega de Empresas e Asociación Galega de Sumillres (AGASU)
Financia: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, FEADER (Europa Inviste no Rural) e a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia
PROGRAMA ALLARIZ

DÍA 13 MARTES
19:30 horas Coloquio: A promoción e expansión dos nosos sabores acó e aló
Fogar dos Maiores (Campo da Barreira 3)

Clodio González Historiador e Etnógrafo
Joaquín Sánchez Rodíguez Xerente da Adega Alan da DO Valdeorras
Manuel Vázquez Rodríguez Xerente da Rede Galega de Empresas
Eva González Xerente do Grupo de Desenvolvemento AVINZA

20:45 Cata de Viños comentada por Manuel Sánchez Enólogo e membro da AGV
DÍA 14 MÉRCORES
11:30 horas Degustación maridaxe de tapas e viños galegos dirixida por Marina García da Asociación Galega de Sumilleres AGASU
Bar Tapería Fío de Liño
CATA E DESGUSTACIÓN EXPANSIVA
19:00 a 23:00 horas
Cata expansiva en 14 locais da hostalaría alaricana onde se poden degustar viños e queixos das Denominacións de Orixe de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, e Valdeorras; as Indicacións Xeográficas Protexidas dos Viños do Barbanza-Iria e Betanzos, así como os queixos das DOP San Simón da Costa e Arzúa-Ulloa. Os viños poderán degustarse o día 14 mércores de 19:00 a 23:00 horas, os viños e queixos da promoción acompañaranse gratuitamente á oferta tapas ofertadas polos locais ao prezo de 1,50 euros.
LISTADO DE LOCAIS
Tapería Baiuca Praza de Abaixo, 3
Tapería Fío de Liño Rúa Portelo 1
Tapería do Pepiño Rúa da Cruz 1
Tapería Fandiño Tapas Vilanova
Cafetería Camper Rúa Emilia Pardo Bazán, 4
Café bar A Fábrica Alameda s/n
Café bar Plaza Praza Maior, 3
Cafe bar Saraiba Rúa Laxas, 1
Café bar Orballo Rúa Emilia Pardo Bazán
Café Bar Petiscos Rúa do Portelo nº16
Restaurante Alarico Rúa de Godalla, 4
Restaurante casa Tino Fandiño Rúa Cárcere 7
Restaurante A Horta Emilia Pardo Bazán, 75
Vinoteca A Micalla Praza Maior, 5

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter