Proba e Saborea do noso en Santiago de Compostela

CartazCOMPOSTELA1 (2)

“Proba e Saborea do Noso” Santiago de Compostela, 21 de de agosto
A Asociación Galega de Viticultura presenta unhas Xornadas co título de “Proba e Saborea do Noso” que forman parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, tamén teñen lugar en Allariz, Vigo, Ribadeo, Lugo e Ferrol. Estas Xornadas abordarán o mundo das nosas producións agroalimentarias con calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que impoñen os ciclos económicos actuais. Cada vez hai máis conciencia da dimensión “intanxible” das empresas produtoras e transformadoras do sector primario. Os viños puxeron en escena ás Denominacións de Orixe e que se estenderon ao resto de producións autóctonas; mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detrás dun establecemento de hostalería ou turismo rural?

Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, cobra forza as ideas de eficiencia, cooperación e sinerxia; os produtos presenta unha faciana comercial e estética nas súas etiquetaxes, nas presentacións publicitarias multimedia, nas feiras, nos mercados, na nube dixital…mais tamén encarnan o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, da historias das súas xentes. Se o sentido do consumo en abstracto non pode estar unicamente determinado pola necesidade inmediata de nutrise, e que tamén inflúen os sentidos e emocións de cada persoa. Por iso resulta lóxico encadrar as propostas de expansión da nosas fileiras agroalimentarias e gastronómicas na suma da globalidade dos nosos elementos de proxección e atracción. Xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera das nosas Denominacións de Orixe sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes. Disto tentaremos falar, debatir e degustar en Compostela, achégate..
Colabora: Federación Rural Galega, Rede Galega de Empresas, Espazo Enocultural Vide Vide e Asociación Galega de Sumillres (AGASU)
Financia: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, FEADER (Europa Inviste no Rural) e a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia
PROGRAMA (todas as actividades teñen entrada libre)
DÍA 21 MÉRCORES
11:45 Cata Maridaxe comentada por Marina Garçia da Asociación Galega de Sumilleres AGASU
Espazo Enocultural Vide Vide na Rúa Fonte de Santo Antonio 10 baixo
11:00 a 13:00
Cata libre de viños na Viñoteca do Mercado de Abastos na Rúa Ameás s/n
19:30 Mesa Coloquio: Diálogos sobre a expansión dos nosos sabores acó e aló
Espazo Enocultural Vide Vide na Rúa Fonte Santo Antonio (Campo da Barreira 3)
Clodio González Historiador e Etnógrafo
Manuel Docampo. Profesor da Universidade da Coruña e titular da adega Aurea Lux do Ribeiro
Roberto Rivas. Viticultor e Presidente da Asociación Galega de Viticultura
Martiño Santos. VideVide.net

20:45 Cata de Viños comentada por Carlos Portela. Membro da Asociación Galega de Sumilleres AGASU.
Tarde noite Cata e desgustación expansiva
Cata expansiva en varios locais da hostalaría compostelana onde se poden degustar viños e queixos das Denominacións de Orixe de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, e Valdeorras; as Indicacións Xeográficas Protexidas dos Viños do Barbanza-Iria e Betanzos, así como os queixos de San Simón da Costa.
LISTADO DE LOCAIS
Casa de Xantar O Dezaseis Rúa de San Pedro 16
Restaurante A Nave de Vidán Avda. Mestra Victoria Míguez, 44
Restaurante María Castaña Rúa Raiña 19

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter