Celebración da 1ª Mostra do Viño Galego de Laxe (A Coruña) 24/03/2018

A 1ª Mostra do Viño Galego “Beber do País” do Concello de Laxe, tivo lugar  o 24 de marzo, de 2018, no Museo do Mar de Laxe dentro do programa de actividades “Inverno Gastronómico e Enolóxico”, que organiza a Concellería Delegada de Comercio, Hostalería e Turismo do Concello de Laxe.

O evento, organizado pola Asociación Galega de Viticultura (AGV), contou co apoio, ademais do propio Concello de Laxe, da Deputación da Coruña.

Presentáronse viños de 17 adegas galegas, das cinco DO e de tres IXP. E  os visitantes tiveron a oportunidade de probar e valorar até 39 marcas de viños galegos (20 brancos, 18 tintos e 1 escumoso branco).

 

 

 

Dende a AGV faise unha valoración moi positiva do mesmo, e da súa contribución á difusión do coñecemento dos nosos viños, polo:

      • importante que é a nivel de visibilidade do viño galego, de cara a cidadanía e aos consumidores, que unha Administración Local lle conceda ós Viños Galegos unha xornada monográfica, dentro da súa programación de actividades dedicadas á gastronomía e á enoloxía,
      • nivel de difusión acadado nas redes sociais. Abonde dicir que unha das canles usadas para a difusión do evento conseguiu máis de 16.000 visitas. O cal é unha mostra do interese que este tipo de eventos, e os produtos galegos, espertan entre a poboación,
      • número de visitantes que acudiron á xornada, e entre os cale houbo xente de tódalas franxas de idade. Sendo considerable as visitas de xente nova interesándose polos nosos viños.
      • orixe dos visitantes. Non tan só pasaron pola Mostra veciñas e veciños de Laxe, e a súa contorna, senón tamén doutras partes do País. Pero tamén é destacable que acudiron moitos visitantes doutros territorios do estado, que aproveitaron a súa estancia na vila de Laxe, con motivo das vacacións de Semana Santa, para achegarse a probar e coñecer os nosos viños.
      • interese mostrado polos visitantes, e a súa participación nas explicacións que lles foi dando o condutor da mostra: Antonio Portela. Unha cousa quedou patente: a maioría dos asistentes non só viñeron a probar os nosos viños, viñeron a coñecelos.
      • compromiso das adegas participantes. Grazas a elas, nesta mostra, os visitantes tiveron a oportunidade de probar e valorar até 39 marcas de viños galegos (20 brancos, 18 tintos e 1 escumoso branco).

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter