A Asociación Galega de Viticultura presta un servizo de asesoramento ás persoas viticultoras da IXP Ribeiras do Morrazo

A Asociación Galega de Viticultura, co apoio da Deputación de Pontevedra, a colaboración dos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa -que conforman a Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo- e da Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores ofrece un servizo de asesoramento ás persoas viticultoras da IXP Ribeiras do Morrazo.

Un dos obxectivos principais é que as propietarias de predio a viñedo tomen conciencia da importancia de manter os datos do Rexistro Vitícola actualizados e, no caso de teñan que modificalos, poñer os medios para asesoralas e facilitarlle a tarefa.

Desde o pasado mes de agosto até finais de ano, a Asociación Galega de Viticultura terá abertas en todos concellos que conforman a IXP Ribeiras do Morrazo (Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Redondela) oficinas para que todos os viticultores que o necesiten se acheguen a informarse sobre a actualización do Rexistro Vitícola Galego, do Prego de Condicións ou de calquera outra cuestión que teña que ver coa IXP Ribeiras do Morrazo.

Paralelamente, estanse levando a cabo xornadas informativas e divulgativas en todos os concellos da IXP para explicar polo miúdo os procedementos da actualización do RVG e dar a coñecer os detalles do Prego de Condicións da IXP.

  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter