Curso de cata de viños galegos en Arzúa

O Concello de Arzúa, a través do servizo de Normalización Lingüística, organizou xunto coa Asociación Galega de Viticultura os días 8 e 9 de outubro un curso de cata de viños galegos para profesionais da hostalaría que levou por título O noso, o mellor.

O curso foi introducido por Roberto Rivas, presidente da AGV, e impartido por Martiño Santos, sumiller da viñoteca Vide! Vide!, onde analizou cos profesionais da hostalaría arzuán os viños das DO e IXP galegas.

Na primeira xornada examináronse os viños tintos e deixáronse para a segunda os brancos, onde os asistentes mesmo puideron catar e coñecer unha variedade experimental.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter