Continúan as xornadas informativas na IXP Ribeiras do Morrazo

A Asociación Galega de Viticultura (AGV) levará a cabo unha xornada informativa en Redondela dirixida a todos os viticultores do territorio da IXP Ribeiras do Morrazo. A charla será impartida por Luís Quinteiro, enxeñeiro técnico agrícola e técnico de campo de explotacións vitícolas, o venres 30 de novembro ás 20:15h no auditorio do Centro multiuso da Xunqueira.

O obxectivo é dar a coñecer os procesos de control e certificación na produción de uva, o prego de condicións da IXP Ribeiras do Morrazo e todos os procesos administrativos necesarios para pór en marcha adegas ou cooperativas.

Esta xornada levada a cabo pola AGV está dentro do convenio que a Asociación mantén coa Deputación de Pontevedra para recuperación de castes de vide autóctonas, a actualización do Rexistro Vitícola Galego, a difusión do Prego de condicións da IXP Ribeiras do Morrazo e aspectos técnicos de plantacións e cultivo de vide e conta coa colaboración da Federación de Furancheiros, Loureiros, Viticultores de Pontevedra.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter