Xornada informativa no Concello de Pontevedra destinada aos viticultores da IXP Ribeiras do Morrazo

Asociación Galega de Viticultura (AGV) levará a cabo unha xornada informativa no Concello de Pontevedra destinada a todas as persoas viticultoras da IXP Ribeiras do Morrazo para explicar polo miúdo os procesos de control e certificación na produción de uva, o prego e condicións da IXP Ribeiras do Morrazo e todos os procesos administrativos para pór en marcha adegas ou cooperativas dentro da IXP.

A Charla será o venres 14 de decembro ás 19:30 na sala 3 do Pazo da Cultura e será impartida polo enxeñeiro técnico agrícola e técnico de explotacións vitícolas, Luís Quinteiro.

Esta xornada levada a cabo pola AGV está dentro do convenio que a Asociación mantén coa Deputación de Pontevedra para recuperación de castes de vide autóctonas, a actualización do Rexistro Vitícola Galego, a difusión do Prego de condicións da IXP Ribeiras do Morrazo e aspectos técnicos de plantacións e cultivo de vide e conta coa colaboración da Federación de Furancheiros, Loureiros, e Viticultores de Pontevedra.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter