Mesa redonda e cata guiada dos viños da IXP Ribeiras do Morrazo en Moaña

O 17 de decembro tivo lugar en Moaña unha mesa redonda sobre a Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo na que participaron Roberto Rivas, presidente da AGV, Martiño Santos, sumiller e experto en viños galegos, e Xosé Manuel Vilas, unha das persoas fundamentais na consecución e posta en marcha desta IXP. Na clausura do acto participou Eva Vilaverde, Deputada provincial, Leticia Santos, Alcaldesa de Moaña, e Guillermo Martínez, adegueiro da IXP e Presidente da Federación de Viticultores, furancheiros e loureiros.

A seguir do acto, Martiño Santos dirixíu unha cata na que os asistentes puideron catar, seguindo as súas pautas, algúns dos viños que se elaboran ao amparo da IXP e que ao remate da mesma puideron beber xunto co resto de todos os viños que a día de hoxe están no mercado coa etiqueta da IXP Ribeiras do Morrazo. 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter