A viticultura galega ante a encrucillada do 2030

A Asociación Galega de Viticultura – AGV  organiza unha xornada de debate e análise que leva por título A viticultura galega ante a encrucillada do 2030, e terá lugar o sábado día 26 de xaneiro no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

A programa da xornada é o seguinte:

  • 9h45 Apertura da xornada

Xurxo Álvarez, Presidente da Federación Rural Galega – FRUGA.       

   

  • 10h00 Castes autóctonas e híbridos

María del Carmen Martínez, Directora do Grupo de Viticultura na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC); Francisco Rego. Técnico retirado da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA); Xosé Manuel Vilas. Enxeñeiro Agrónomo. Membro da AGV.

  • 10h45 As novas elaboracións e a súa integración nas zonas protexidas

Joaquín Sánchez. Responsable da Adega Alan de Val (DO Valdeorras), e presidente da Ruta do Viño de Valdeorras; Roberto Regal. Enólogo e responsable da adega Roberto Regal López (DO Ribeira Sacra); José Crusat. Responsable na adega Entre os Ríos (IXP  Barbanza e Iria).

  • 11h30 Descanso
  • 11h50 As DO e as IXP galegas perante os retos do 2030

Ramón Huidobro. Secretario Xeral da DO Rías Baixas.; Jose Luís García Pando. Presidente do CR da DO Valdeorras, e responsable da adega Adega o Casal, S.A.T.; Xosé Antonio Meixide. Profesor e Xefe de Explotación no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (CFEA). Impulsor da IXP Terra de Betanzos; Xosé Manuel Puga. Técnico en Desenvolvemento Rural no GDR 10 Limia-Arnoia.

  • 13h20 Peche da Xornada

Roberto Rivas, Presidente da Asociación Galega de Viticultura – AGV. Socio da Cooperativa Moraima (DO Rías Baixas).

  • 14h00 Xantar

Ao remate da xornada terá lugar un xantar no Pazo da Cultura. O prezo será de 15,00 euros para todas as persoas que queiran participar, para o que se fai imprescindíbel anotarse previamente no enderezo electrónico: frugaagv@gmail.com ou nos teléfonos: 618.87.82.81 / 610.59.21.41, sendo a data tope o día 23 de xaneiro.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter