A Asociación Galega de Viticultura – AGV organiza o vindeiro sábado 26 de xaneiro, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza unha nova edición do Túnel do viño galego: beber do país.
O obxectivo desta actividade é reunir os viños galegos nun mesmo evento para promocionar a calidade dos viños galegos. Este evento acolle viños galegos procedentes de todas as DO e IXP, así como tamén doutras zonas de interese vitivinícola de Galiza. O horario é de 12:00h a 14:30 de mañá e de 17:00 a 21:30 de tarde. A entrada é de balde e as persoas asistentes poderán degustar todos os viños que o desexen.