Xornada de análise

O pasado sábado, 26 de xaneiro, a AGV organizou en Pontevedra unha xornada de debate e análise sobre “a viticultura galega ante a encrucillada do 2030” onde se analizou, coa axuda de grandes expertos/as no sector, a situación da viticultura galega e en que medida lle poden afectar as decisións que se tomen en Europa de aquí ao ano 2030. Tamén tivo lugar un Túnel do viño onde o viño galego foi o protagonista e tivo unha grande acollida na cidade do Lérez. Moitas grazas a todas as persoas e entidades que colaboraron para que tanto a xornada como o túnel fosen un verdadeiro éxito

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter