Charla en Meis sobre a proposta da reforma da OCM

A Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa Asociación Cultural Xaramelo, realizou na Feira de troco de sementes, no concello de Meis, unha charla para explicar a reforma que Organización Común do Mercado (OCM) quere aplicar ao sector do viño e como esta reforma afectaría gravemente á viticultura galega.

No acto participaron Roberto Rivas e Xan Bautista Cambón, Presidente e técnico da AGV respectivamente, ademais de Xoán Manoel Vázquez, membro da Asociación Cultural Xaramelo.

As viticultoras asistentes coincidiron cos poñentes en que esta reforma suporía tirar por terra todo o traballo que se leva feito na viticultura galega e que, como exemplo, todo o sector do viño no territorio da DO Ría s baixas veríase gravemente prexudicado.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter