A Asociación Galega de Viticultura felicita ás persoas viticultoras e adegueiras do Morrazo polo gran éxito dos primeiros pasos da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.
O presidente da AGV, Roberto Rivas Reboredo, participou na cata da VIII Mostra do Viño de Vilaboa, un evento clave e consolidado na promoción do viño da IXP Ribeiras do Morrazo.
Ribeiras do Morrazo está nun momento clave para o seu desenvolvemento, pois estes primeiros anos son fundamentais para crear unha dinámica positiva que permita que cada vez máis persoas se animen a sacar adiante proxectos vitícolas arredor desta figura de protección que supón a IXP, e eventos destas características supoñen un importante escaparate o viños que xa elaboran ao amparo de Ribeiras do Morrazo.