Medio Rural autorizou os cambios que os viticultores e adegueiros demandaban no regulamento da IXP Barbanza e Iria

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar, o pasado 24 de xullo, a orde que autoriza a modificación do actual regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Barbanza e Iria.   Os cambios foron solicitados polas asociacións de viticultores e adegueiros, co obxectivo de adaptar a normativa da IXP ás circunstancias máis actuais.

Estas mudanzas inclúen a incorporación da caste merenzao, unha uva que até este momento estaba excluída neste territorio. Así mesmo, outro dos cambios é o aumento dos rendementos para as uvas brancas, que pasan de 10.000 kg por hectárea a 12.000. Por último, outra das variaicóns  ten que ver cos parámetros analíticos, onde se incrementan os valores máximos autorizados da acidez volátil e do contido en anhídrido sulfuroso.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter