Asemblea xeral ordinaria da AGV

O próximo sábado día 3 de xullo a Asociación Galega de Viticultura – AGV celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria en Ribadavia, co obxectivo de analizar a situación actual da viticultura galega e de trazar as liñas de acción e de traballo. 

A celebración da Asemblea estará marcada por un protocolo de medidas de seguridade para minimizar o risco de contaxio. Porén, para asistir á Asemblea é preciso confirmar asistencia (frugaagv@gmail.com ou 604035160). 

Ao remate da mesma celebrarase un xantar de confraternidade, para o cal tamén é preciso reserva.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter