ACTIVIDADES FORMATIVAS NO TERRITORIO DA IXP TERRAS DO NAVIA

O sábado día 4 de setembro, en horario de mañá e tarde, celebrarase no Local Social de Negueira de Muñiz a primeira dunha serie de actividades formativas de introdución á vitivinicultura que sente as bases de coñecemento para impulsar a recuperación de viñedos, e a implantación de novas superficies de cultivo, no territorio da futura indicación xeográfica protexida Terras do Navia e que está formado por parroquias dos Concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna, e a totalidade do Concello de Negueira de Muñiz.

Esta acción formativa está promovida pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (AGACAL) e ten como destinatarias as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta primeira xornada as persoas participantes achegaranse ás boas prácticas no viñedo a traveso de temas como: As castes da IXP Terras do Navia. A terra e a súa preparación. O cultivo da vide e a vendima.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter