O sábado 11 de setembro terá lugar no Salón de Actos do Concello de A Fonsagrada, unha actividade formativa destinada ás persoas viticultoras e adegueiras, ou con interese na incorporación a este sector, dos Concellos da Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
Esta xornada está encadrada dentro do “Programa Formativo e de asesoramento para a recuperación e desenvolvemento da vitivinicultura no territorio da futura indicación xeográfica protexida Terras do Navia”, co que a Área de Medio Rural, dependente da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, busca impulsar a recuperación da vitivinicultura na bacía do Navia, e que desenvolverá a FRUGA – AGV.
A actividade levarase a cabo en horario de 10:30 a 14:00 horas e nela abordaranse os seguintes temas: as Denominacións de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas de viños galegas, a
oportunidade que supón a aprobación da I.X.P. Terras do Navia, e farase unha primeira aproximación ao Rexistro Vitícola Galego (RVG) e a necesidade da actualización da inscrición dos viñedos para as persoas viticultoras.
As persoas interesadas poden obter máis información destas actividades por medio dos seguintes contactos: teléfono 610592141 ou o correo electrónico frugaagv@gmail.com