PROGRAMA FORMATIVO E DE ASESORAMENTO PARA A RECUPERACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITIVINICULTURA NO TERRITORIO DA FUTURA IXP “TERRAS DO NAVIA”, NA PROVINCIA DE LUGO.

Visita ao territorio e adegas da IXP Barbanza-Iria.

Dentro das actividades previstas no Programa formativo e de asesoramento para a recuperación e desenvolvemento da vitivinicultura no territorio da futura IXP “Terras do Navia”, que a FRUGA está desenvolver nos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna, mediante un convenio de colaboración coa área de Medio Rural da Deputación de Lugo, tivo lugar o pasado sábado día 27 de novembro unha visita de intercambio de experiencias con adegas do territorio da indicación xeográfica protexida Barbanza-Iria.

As persoas participantes no Programa Formativo tiveron ocasión de coñecer de primeira man os proxectos, viñedos e instalacións de tres adegas inscritas na IXP Barbanza-Iria:  na provincia de Pontevedra a adega Torres Augusti, de Valga, e na provincia da Coruña a adega C.A. Saborido, de Boiro, e a adega Entre Os Ríos no concello da Pobra do Caramiñal.

Os impulsores das iniciativas destas tres adegas teñen en común o respecto pola tradición histórica da vitivinicultura no seu territorio e o afán pola súa recuperación e desenvolvemento futuro como fórmula de mantemento dun rural vivo.  

Esta xornada de intercambio con proxectos doutros territorios intégrase no plan de actividades deste Programa Formativo e de Desenvolvemento, e dende a súa posta en marcha xa se teñen celebrado xornadas sobre aspectos como a oportunidade que supón a creación da IXP Terras do Navia, e de perfil técnico como son a poda, o control de doenzas e pragas, etc. O Programa Formativo e de asesoramento continuará a desenvolverse até o 31 de decembro con máis actividades formativas e de asesoramento para as persoas inscritas no mesmo.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter