O pasado sábado os participantes no programa formativo do GDR Pontevedra-Morrazo Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo, visitaron como parte da súa formación a finca Morgadío en Crecente, da sociedade Agromiño, e a finca e instalacións da Adega Señorío de Rubiós, no concello das Neves.
Cursos e Formación
Xornada en Vilaboa sobre a fertilización do viñedo con compost
O Plan Revitaliza, promovido pola Deputación de Pontevedra, programou unha xornada en Vilaboa para explicar os beneficios do compost na agricultura. Celebrarase conxuntamente coa Asociación Galega de Viticultura, ligada á Fruga, e terá lugar o sábado 16 de marzo a partir das 17:00h na Casa da Cultura de Riomaior (Vilaboa, Pontevedra).
O persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e da Asociación Galega de Viticultura trasladaranlle a produtoras, viticultoras, e agricultores en xeral nocións básicas de fertilización do solo e explicarán como o compost pode mellorar o rendemento da viña.
Baixo o título ‘A fertilización no viñedo e o compost’, falarase dos beneficios do compost para a agricultura. Así, tanto o persoal do Revitaliza da Deputación de Pontevedra como da AGV explicarán que o compost mellora as características biolóxicas e físicas do chan, achegándolles gran cantidade de nutrientes; axuda a manter a humidade da terra e actúa como funxicida e bactericida; favorece o rendemento de cultivos de hortalizas e cereais sen utilizar produtos químicos, garantindo unha produción ecolóxica; e pódese producir facilmente aproveitando os residuos vexetais sobrantes da poda das viñas e dos residuos domiciliarios.
Curso de cata de viños galegos en Arzúa
O Concello de Arzúa, a través do servizo de Normalización Lingüística, organizou xunto coa Asociación Galega de Viticultura os días 8 e 9 de outubro un curso de cata de viños galegos para profesionais da hostalaría que levou por título O noso, o mellor. O curso foi introducido por Roberto Rivas, presidente da AGV, e … Ler máisCurso de cata de viños galegos en Arzúa
Curso de cultivo e poda de vides
CURSO DE CULTIVO E PODA DE VIDES EN A GUARDA A partires do día 9 de decembro terá lugar no local da CIG de A Guarda un curso de poda de vide de 30 horas de duración, con 5 horas prácticas en vides da zona de O Rosal (Pontevedra) Para máis información chamar aos teléfonos: … Ler máisCurso de cultivo e poda de vides