O SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO E A CHAMADA “NOVA NORMALIDADE”

O Sector vitivinícola galego segue a demandar medidas para facer fronte á nova situación socioeconómica creada polo coronavirus.

     Nestes días, os responsables da administración do estado e da Xunta de Galiza comezaron a transmitir mediaticamente que a situación de crise sanitaria empeza a estar controlada, e tiveron lugar as primeiras discusións entre os líderes políticos sobre de se debe renovarse o estado de alarma, máis aló do día 10 de maio, e como facer o proceso que se deu en chamar “desescalada” para a tamén bautizada como “nova normalidade”.

     Esta situación que, teoricamente en principio, permite empezar a ver a saída do túnel para a sociedade e a actividade económica galega, no caso do sector vitivinícola da Galiza non achega factores, e feitos, que permitan empezar a despexar as incógnitas sobre a viabilidade económica futura para moitas iniciativas, privadas e colectivas, que naceron nos últimos anos nun dos sectores económicos máis puxantes antes da crise sanitaria en Galiza.

     Desde a declaración do estado de alarma sanitaria, e xa vamos para case dous meses, por parte da AGV-FRUGA veuse solicitando da Consellería do Medio Rural do Goberno Galego, que é quen ten ás competencias na materia, que se traballara en dous eixos que entendemos fundamentais para a xestión da crise económica que se veu enriba e que pode pasar unha factura moi cara ao sector se a administración galega non ten unha actuación clara e definida de apoio a esta actividade económica e aos seus axentes. Facendo memoria estes eixos son:

  • Habilitación de liñas de axudas (fiscais, financeiras, de apoio ao mantemento de emprego…) que permitan facerlle fronte aos gastos en que se incorren (xa que a actividade agrícola non se pode paralizar), e a falta de ingresos (porque as vendas si que se paralizaron co peche do canal HORECA e as exportacións.
  • Elaboración dun plan de apoio ao sector vitivinícola para o “día despois”. Un plan que apoie a valoración dos nosos viños entre os consumidores, dentro e fóra de Galiza, e a recuperación do consumo

     Neste tempo, máis aló de algunha declaración aos medios de comunicación, a algunha medida que parece máis pensada para abrirlle outra liña de negocio á banca que de verdadeira axuda aos axentes do sector vitícola galego, ou algunha iniciativa máis mediática que de base real para afrontar os problemas, non se teñen producido avances claros e concretos na cimentación de liñas de traballo nas que o sector se poida apoiar para reconstruír o seu futuro.

     Nestes momentos, cos prazos que se están a manexar para a “normalización” da actividade económica e social, e coa ameaza de posibles rebrotes da pandemia de cara finais do presente ano, a situación para o sector lonxe de irse aclarando vaise volvendo máis preocupante.

     No mes de setembro podemos atoparnos que as adegas inda non teñen dado saída ao viño de colleitas anteriores, pero xa terán enriba a vendima do presente ano e sen capacidade física de almacenamento para ela, perante desta situación faise necesario que por parte da administración galega se habilite un plano que permita dar saída aos excedentes almacenados nas adegas.

     Nese momento a crise, que agora golpea principalmente nas vendas das adegas, chegará tamén ás persoas viticultoras que se verán coa uva nas vides e sen que ninguén llas merque ou lles ofrezan prezos por debaixo dos custos de explotación, co fin de evitar que se chegue a estes extremos desde a AGV-FRUGA, propomos a instauración dos contratos homologados ligados a un prezo que cando menos cubra os custes de produción. É dicir: todo o sector vitivinícola galego, do que dependen moitas familias, estará nunha profunda crise que afondará máis na grave situación de abandono e despoboamento que sofre o noso rural. Para establecer a estratexia a seguir perante a nova vendima, nas distintas DO e IXP, desde a AGV-FRUGA consideramos conveniente a convocatoria das mesas do viño das distintas áreas xeográficas.

     Estamos a moi poucos meses de que a situación no sector vitivinícola galego suba un chanzo máis da grave crise económica en que está actualmente, por mor das medidas adoptadas para facerlle fronte á crise sanitaria, e que se suma a outros problemas estruturais internos e externos que de por si xa tiña que enfrontar.

     Desde a AGV-FRUGA segue a facerse un chamamento ao Conselleiro do Medio Rural, e por elo tamén ao Presidente da Xunta de Galiza, para que facendo uso das competencias que teñen asumidas se desenvolva, a traveso do diálogo co sector, un Plan Estratéxico Vitivinícola Galego.

     Un plan no que teñan cabida tanto as necesidades das adegas como as das persoas viticultoras. No que se habiliten liñas de axudas directas da administración ás persoas viticultoras e adegas para facerlle fronte á situación de crise económica, actual e dos meses posteriores na fase de entrada na “nova normalidade”, iniciativas de promoción e consumo dos viños galegos tanto a nivel interno como externo, a posta en marcha dun Observatorio Galego de Prezos que permita ter datos para o establecemento de contratos homologados con prezos entre viticultores e adegas, ligando as axudas ao establecemento dos mesmos, así  como as medidas que se estimen necesarias para revitalizar o sector.

05/05/2020

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Medio Rural autorizou os cambios que os viticultores e adegueiros demandaban no regulamento da IXP Barbanza e Iria

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar, o pasado 24 de xullo, a orde que autoriza a modificación do actual regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Barbanza e Iria.   Os cambios foron solicitados polas asociacións de viticultores e adegueiros, co obxectivo de adaptar a normativa da IXP ás circunstancias máis actuais. Estas mudanzas inclúen a … Ler máisMedio Rural autorizou os cambios que os viticultores e adegueiros demandaban no regulamento da IXP Barbanza e Iria

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

A FRUGA-AGV vén de participar como convidada nunha xuntanza sectorial do viño convocada pola UDU

A Federación Rural Galega (FRUGA), a través da Asociación Galega de Viticultura (AGV), vén de participar, como convidada, nunha xuntanza sectorial do viño convocada pola Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos (UDU) que se celebrou o pasado día 6 de xuño en Madrid. Na xuntanza participaron representantes do sector das principais zonas vitivinícolas do … Ler máisA FRUGA-AGV vén de participar como convidada nunha xuntanza sectorial do viño convocada pola UDU

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

O Instituto Enerxético de Galicia convoca axudas para a instalación de enerxías renovables nos sectores agrario e gandeiro

 

A Xunta, a través do  Instituto Enerxético de Galicia – INEGA, publicou no DOG (Anuncio DOGa) a convocatoria dunha liña subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.

Co obxectivo incentivar o coidado do medio natural e o aumento da competitividade da actividade de produción agrícola primaria en Galicia, o INEGA establece este sistema de subvencións, complementario aos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten a xeración e aproveitamento de enerxía procedente de fontes renovables.

A contía total do importe asignado para esta convocatoria ascende a 1.700.000 euros e estas actuacións que se van desenvolver enmárcanse dentro das Directrices enerxéticas de Galicia 2018-2020 e da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), que alude á utilización do aforro e eficiencia enerxética e ao fomento de enerxías renovables, en especial a biomasa, como instrumento para a mellora da competitividade e o fomento do emprego.

Poderán ter acceso a esta liña de axudas as empresas legalmente constituídas e os/as empresarios/as autónomos/as que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria

A contía da axuda será do 35 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 € por empresa. A porcentaxe da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

O prazo para  presentación de solicitudes comeza dez días naturais despois da publicación das bases do DOG e rematará o 31 de maio do presente ano. A presentación de solicitudes terá que facerse exclusivamente a través de medios virtuais, por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Esta liña de axudas pode ser de interese para explotacións vitivinícolas polo que  aquelas persoas ou entidades que desexen obter máis información sobre esta liña de axudas e/ou axuda para a tramitación da súa solicitude, pode pórse en contacto coa Asociación Galega de Viticultura no enderezo electrónico frugaagv@gmail.com ou no teléfono 604.035.160.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Análise e conclusións da xornada: “A viticultura galega ante a encrucillada do 2030”.

Análise e conclusións, achegadas durante a Xornada, sobre as implicacións que para a vitivinicultura galega pode supoñer a reforma da PAC proposta pola Comisión Europea.

O 26 de xaneiro de 2019, no Pazo da Cultura da Cidade de Pontevedra, tivo lugar a celebración da Xornada de debate e análise: A VITICULTURA GALEGA ANTE A ENCRUCILLADA DO 2030.

A Asociación Galega de Viticultura (AGV), organizou esta xornada co obxectivo de difundir e debater, entre os axentes do sector vitivinícola galego, os aspectos máis salientables da proposta de reforma da OCM (Organización Común de Mercados dos Produtos Agrarios), que a Comisión Europea está a impulsar na reforma da Política Agraria Común (PAC), e a modificación do regulamento 1308/2013, así como a prevista liberalización do sector a partir do ano 2030, co fin do actual réxime de autorización de novas plantacións de viñedo.

Na AGV entendemos que calquera modificación do marco normativo europeo, do sector vitivinícola e o seu mercado, merece unha análise e debate entre os seus axentes. Análise e debate do que extraer unhas conclusións que permitan: en primeiro lugar facer as achegas oportunas ás administracións competentes na materia en defensa dos nosos intereses, e no segundo ir adoptando estratexias e plans de traballo, tanto a nivel particular como colectivo, que nos permitan chegar á data de introdución das modificacións nas regras de xogo, nas mellores condicións posibles para garantir non tan só a supervivencia do sector, senón un crecemento sostible que consolide a viticultura galega como un sector económico de primeiro orde para o País, e que este contribúa a xerar riqueza no medio rural axudando a inverter a curva de esmorecemento e abandono na que está inmerso nas últimas décadas.

  Descarga aquí o   Resumo Final_Completo (1)

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter