FRUGA SOLICITA ENTREVISTARSE CON JUÁREZ PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE ALIMENTOS LÁCTEOS

Cartóns de "Deleite" ofertados en supermercados por baixo do coste de produción, situación denunciada no seu dia pola FRUGA.

O conselleiro ten que dar explicacións sobre a situación da pranta de Outeiro de Rei, logo da sua activa participación na constitución de “Alimentos Lacteos” e o apoio económico da Xunta.

Esta solicitude de entrevista é un dos acordos adoptados na Asembleia do Sector Lácteo celebrada en Silleda o pasado 26 de agosto

Lugo, 23 de setembro de 2011.- No dia de onte apresentou-se no rexistro central da Xunta a solicitude de entrevista coa que FRUGA pretende coñecer de primeira mao a situación económica real da empresa auspiciada pola Xunta, asi como as suas perspectivas de futuro. Podes ler o documento achegado ao conselleiro a continuación: 

Ler mais

FRUGA APRESENTA AS SUAS ALEGACIÓNS AO CANON DA AUGA

Coa posta en marcha deste “imposto”, o PP afonda na sua política recadadora entre as clases mais populares e  traballadoras da Galiza.

Compostela, 23 de setembro de 2011.- Desde que tivemos coñecemento e acceso à nova normativa que en materia de xestión das augas estaba a elaborar o PP, a FRUGA amosou o seu rexeitamento a un texto que contén como novidade o gravame impositivo das traidas e pozos veciñais e particulares. Podes acceder as alegacións apresentadas a continuación:

Ler mais

FRUGA AMOSA O SEU MALESTAR E REXEITAMENTO Á DECISIÓN UNILATERAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE PECHAR O MERCADO DE GANDO DE AMIO.

Non existen razóns obxectivas para este peche que deixa a moitas explotacións da comarca e de bisbarras próximas nunha peor situación para a xestión das súas explotacións.

Santiago de Compostela, 15 de setembro do 2011. Na Federación Rural Galega, FRUGA, non entendemos nin podemos compartir a decisión do PP no Concello de Santiago de pechar o mercado de gando de Amio. Unha decisión tomada unilateralmente polo Goberno Municipal, non sabemos baixo que criterio, sen consultar cos afectados nin moito menos escoitar o que os usuarios de mercado puideran dicir. Unha decisión tomada ás presas e sen ter en conta os inconvenientes e repercusións negativas que poda traer para moitas explotacións e para a propia cidade de Santiago.

Ler mais

FRUGA SÚMASE AO ACTO PÚBLICO DO 17 DE SETEMBRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA CONTRA A REFORMA DA CONSTITUCIÓN IMPOSTA POLO PSOE E O PP E FAI UN CHAMAMENTO Á XENTE DO MUNDO RURAL A PARTICIPAR NO ACTO.

A mesma Constitución que resulta intocábel cado se trata de reclamar o direito à  autodeterminación dos povos do Estado é reformada dun dia para outro, sen ter en conta a opinión da sociedade, para contentar ao grande capital.

O mundo rural será novamente un dos que máis sufra as consecuencias da reforma cos previsíbeis recortes nos servizos públicos e nos servizos sociais.

Compostela, 13 de setembro de 2011.- A Federación Rural Galega, FRUGA, é unha das asociacións convoncantes da concentración que o vindeiro sábado 17 de setembro ás 18:00 horas vaise celebrar na Praza da Quintana en Santiago de Compostela en contra da reforma da Constitución. Desde FRUGA entendemos, e así foi explicitado sen ningún tipo de rubor polo PP e o PSOE, que esta reforma ten como único obxectivo satisfacer aos “mercados”, isto é, ao capital financeiro-especulativo responsábel da situación de crise na que nos atopamos, e que non vai axudar a saír deste estado nin mellorar a situación na que se atopa a maioría do pobo, en especial o do mundo rural. 

Ler mais

A FRUGA CONSEGUE DESBLOQUEAR AS NOVAS APROBACIÓNS E AMPLIACIÓNS DE COMPROMISOS DA CAMPAÑA 2010 NO CONTRATO DE EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE

Elias Somoza Regueiro, responsábel dos Sectores Gandeiros da FRUGA e gandeiro de Sárria, Manuel Nuñez Monxardin, membro da Dirección e gandeiro da Fonsagrada, xunto co técnico da FRUGA Lois Martínez Taboada, visibelmente satisfeitos durante a rolda de prensa convocada en Lugo

A Consellería do Medio Rural publicou recentemente no DOG o reaxuste orzamentar inicial para facer frente a estes pagamentos.

A FRUGA ficou soa na defensa das mais de 800 explotacións que ven agora recompensada a perseverancia na defensa dunhas axudas usurpadas por unha administración que non confia nos modelos de produción sustentable.

 

Lugo, 1 de setembro de 2011.- O Contrato de Explotación Sustentable (CES), enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013, destinado á mellora do medio ambiente e do entorno rural e para o uso sostible das terras agrícolas. Inclúe diversas axudas dirixidas a remunerar aos agricultores polas funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros, pretendendo tamén reforzar a sostibilidade das explotacións.

Ler mais