Galiza ten que decidir: no noso leite, tamén!

FRUGA lanza a sua campaña mobilizadora no sector lácteo, que se verá acompañada de asembleas e reunións nas distintas comarcas leiteiras galegas

Frente às posicións sucursalistas  que continuan a ollar para Madrid como nai das solucións, e non dos problemas, FRUGA propón un Ámbito Galego de Negociación

Compostela, 20 de novembro de 2012.- Mentras boa parte do sector continua a laiarse da dificil situación na que se atopan a maior parte das gandeirias do País, a Federación Rural Galega  – FRUGA dá un paso mais adiante para pór sobre a mesa as nosas propostas. Unhas propostas que pasan fundamentalmente por facer da defensa do noso sector leiteiro unha causa nacional que poña dunha vez Galiza no centro do debate e que sirva para buscar unha solución galega a esta situación na que son precisamente as nosas explotacións as que están a padecer os prezos mais baixos do Estado.

Ler mais

FRUGA participa activamente na exitosa xornada de folga xeral

Membros da Federación estabeleceron un piquete informativo na entrada de Nestlé en Pontecesures e paralizáronse diversas rutas de recollida do leite

Compostela 14 de novembro do 2012.- Perante os graves recortes adoptados polo goberno do PP, tanto en Madrid como na Xunta, que afogan ao mundo rural galego, e ante o desenvolvemento de políticas que están levando ao sector agrogandeiro a maior crise da súa historia, a Federación Rural Galega, FRUGA, decidiu participar activamente na xornada de Folga Xeral celebrada no día de hoxe.

Ler mais

FRUGA aposta polas alternativas forraxeiras ante o encarecimento dos cereais na alimentación de vacún

Gandeiros e tecnic@s da FRUGA, xunto co persoal do Centro que participou da visita

Unha delegación de gandeiros visitou o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (C.I.A.M.), onde se buscaron alternativas ao penso na alimentación de vacún

Lugo, 12 de novembro de 2012.-  O permanente encarecemento dos custos de producción en xeral, e a alza no prezo dos pensos en particular está facendo que as granxas de vacún galegas estean nunha situación de asfixia económica que ameaza con, literalmente, liquidar ao sector.
Dentro dun programa informativo no que a Federación Rural Galega-FRUGA pretende dar saídas á grave crise que padece o sector de vacún galego, unha delegación de gandeiros da FRUGA, visitou as instalacións do C.I.A.M. onde os investigadores Jaime Zea e Teresa Moreno fixeron unha exposición das alternativas que existen ao consumo de cereais e pensos na alimentación de vacún.

Ler mais

O 14-N, tod@s á folga

A FRUGA fai un chamamento á participación dos labregos e labregas da Galiza na xornada de paro e nas mobilizacións que percorreran bo número das cidades e vilas galegas

Desde a nosa Organización faremos visíbel a repercusión sobre o noso rural das lesivas políticas do Partido Popular en materia social, asi como o completo desinterese d@s nos@s gobernantes pola actividade agraria e gandeira

Compostela, 9 de novembro de 2012.- Cando faltan uns poucos dias para a xornada de Folga Xeral, a federación Rural Galega fai un chamamento ao campesiñado deste País para que participe activamente dese dia de loita e reivindique nas rúas outras políticas que permitan a supervivencia do noso medio de vida. A continuación reproducimos o manifesto que, no nome da Federación, e en palabras do noso Presidente, chama a “dar unha resposta masiva contra as políticas de recortes e demandar outras políticas económicas que procuren a reactivación da economía”.

Ler mais