FRUGA aposta polas alternativas forraxeiras ante o encarecimento dos cereais na alimentación de vacún

Gandeiros e tecnic@s da FRUGA, xunto co persoal do Centro que participou da visita

Unha delegación de gandeiros visitou o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (C.I.A.M.), onde se buscaron alternativas ao penso na alimentación de vacún

Lugo, 12 de novembro de 2012.-  O permanente encarecemento dos custos de producción en xeral, e a alza no prezo dos pensos en particular está facendo que as granxas de vacún galegas estean nunha situación de asfixia económica que ameaza con, literalmente, liquidar ao sector.
Dentro dun programa informativo no que a Federación Rural Galega-FRUGA pretende dar saídas á grave crise que padece o sector de vacún galego, unha delegación de gandeiros da FRUGA, visitou as instalacións do C.I.A.M. onde os investigadores Jaime Zea e Teresa Moreno fixeron unha exposición das alternativas que existen ao consumo de cereais e pensos na alimentación de vacún.

Ler mais

O 14-N, tod@s á folga

A FRUGA fai un chamamento á participación dos labregos e labregas da Galiza na xornada de paro e nas mobilizacións que percorreran bo número das cidades e vilas galegas

Desde a nosa Organización faremos visíbel a repercusión sobre o noso rural das lesivas políticas do Partido Popular en materia social, asi como o completo desinterese d@s nos@s gobernantes pola actividade agraria e gandeira

Compostela, 9 de novembro de 2012.- Cando faltan uns poucos dias para a xornada de Folga Xeral, a federación Rural Galega fai un chamamento ao campesiñado deste País para que participe activamente dese dia de loita e reivindique nas rúas outras políticas que permitan a supervivencia do noso medio de vida. A continuación reproducimos o manifesto que, no nome da Federación, e en palabras do noso Presidente, chama a “dar unha resposta masiva contra as políticas de recortes e demandar outras políticas económicas que procuren a reactivación da economía”.

Ler mais

Outono de cursos e cogumelos en Lugo

Identificación e recolección de distintas especies de cogumelos, no marco do curso desenvolvido en Friol

Usos alternativos e sustentabilidade, pezas fundamentais para o desenvolvimento dunha actividade agraria de futuro e con futuro

Lugo, 7 de novembro de 2012.- O mes de outubro foi especialmente prolífico no que a actividades formativas se refire na Montaña e Centro de Lugo. Con un carácter fundamentalmente prático e o obxectivo de fomentar a sustentabilidade das nosas actividades agrogandeiras, celebráronse nada menos que catro cursos con numerosa e animada presencia de homes e mulleres do rural comprometid@s con outra forma de agricultura e outros usos dos nosos montes.

Ler mais

FRUGA apoia a Folga do Leite contra da discriminación que sofren as nosas granxas e en demanda de prezos xustos

Os dados revelan que as granxas leiteiras  galegas son as que menos cobran polo seu leite  tomando como referencia tanto o Estado español como a Unión Europea

FRUGA critica a actitude de UPA-UUAA, XXAA-ASAJA e SLG-COAG, que se empeñan novamente en eximir á Xunta de Galiza de calquer responsabilidade obviando o papel que ten que ter o Goberno da Galiza na defensa dos seus sectores produtivos

Compostela, 6 de Novembro de 2012.- As granxas galegas que se dedican á produción de leite son as que menos cobran polo seu produto tendo de conta tanto o prezo medio que cobran as granxas do Estado español como as da Unión Europea.

Ler mais

A Federación Rural Galega – FRUGA súmase á mobilización láctea do 4 de outubro

O Goberno Galego do PP contribúe á destrución do sector leiteiro galego

 Compostela, 27 de setembro de 2012.-  A Federación Rural Galega durante a última quincena do mes de setembro ven de desenvolver unha campaña informativa e divulgativa de asembleas en todas as zonas produtora do leite do País a respecto da crise, case que permanente, que padece este sector, e que tiña como obxectivo denunciar esta situación e como conclusión celebrar unha concentración perante a Consellería do Medio Rural e do Mar, en Compostela o dia 28 de Setembro

Ler mais