FRUGA e BNG coinciden na análise da situación e das alternativas para o Medio Rural Galego

Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA, canda Guillerme Vazquez, Portavoz Nacional do BNG.

Inicativa política para defender e potenciar a nosa capacidade productiva e intervención decidida da Administración Pública Galega para garantir prezos dignos para as producións agrarias

Compostela, 25 de setembro de 2012.– A Federación Rural Galega, FRUGA e o Bloque Nacionalista Galego, BNG, celebraron esta mañá un encontro de traballo na sede nacional do BNG en Compostela.

Ler mais

Afectad@s pola “presunta” trama das subvencións forestais na Costa da Morte amosan o seu malestar pola actitude da Xunta do PP

Vari@s afectad@s están sendo requerid@s para que realicen a limpeza dos montes que foran obxecto de subvención sen o seu coñecemento

En cinco anos ninguén se dirixiu a eles para comprobar a realización dos traballos ou, simplesmente, a veracidade dos dados que figuraban nas solicitudes

A Deputada do BNG Tareixa Paz, portavoz nacionalista co Parlamento en materia de agricultura e montes, deu conta das súas accións no Parlamento a respeito deste asunto

Cee, 20 de setembro de 2012.- Na tarde noite deste martes, ao redor de 50 afectad@s pola trama na solicitude e adxudicación de axudas forestais na Costa da Morte e Soneira reuníronse en Vimianzo para abordar as últimas novidades relativas a esta presunta fraude, asi como para coñecer de de primeira mao as accións parlamentares levadas a cabo desde o BNG para o esclarecimento deste asunto.

Ler mais

FRUGA convoca aos afectados e afectadas pola fraude nas axudas forestais a unha asemblea en Vimianzo

Novos casos poñen en tela de xuízo as actuacións da administración do PP na Xunta de Galiza liderada por Feijóo
Algunhas actuacións incluían terreos propiedade de distintas empresas,  adxudicados a particulares
Cee, 15 de setembro de2012.- Aínda que o mes de agosto corresponde co período de vacacións nos xulgados, foron moitos e numerosos os novos casos atribuíveis á presunta trama para a tramitación e cobro de axudas para labouras forestais que se ten detectado na Costa da Morte.
Asi o número de parroquias afectadas aumenta, e concellos como Vimianzo, que presentaba apenas uns poucos casos, poderían estar afectados coa intensidade da veciña Dumbria, que a dia de hoxe recolle a maior parte das denúncias apresentadas.

Ler mais

FRUGA inicia a súa campaña en defensa do sector leiteiro cos pés postos no País

Namentres outros agardan que lles dean ordes de Madrid, e acordan agora reclamar o que criticaron até a saciedade da Consellaria Nacionalista no Medio Rural, a FRUGA inicia unha serie de asembleas que terán o seu colofón nunha manifestación nacional

Compostela, 13 de setembro de 2012.- Estes días estamos a presenciar o que non pasan de ser mais que penosas procesións coas que as formacións sindicais de obediencia española pretenden lavar a faciana logo de tres anos de inactividade absoluta no sector leiteiro, tres anos que coinciden precisamente co goberno do Partido Popular na Xunta. Precisamente é neste período cando o sector lácteo galego está a sufrir as mais grandes agresións dos últimos tempos, co silencio cómplice dos que agora pretenden erixirse, novamente, nos seus salvadores.

Ler mais

O rural clama contra a supresión das escolas

A Alianza por un Mundo Rural Galego Vivo, na que está integrada a FRUGA, xunto á CIG, ADEGA, e ORGACCMM, participou activamente da mobilización que serviu como ponto final á marcha iniciada polas ANPAS do rural, e no que participaron centos de persoas

Compostela, 13 de setembro de 2012.- Se Feijoo ten na súa axenda o desmantelamento dos sectores públicos e dos servizos fundamentais á poboación galega, no marco dos “axustes” ditados polo Banco Mundial, FMI e BCE para “rescatar” á banca española, o rural pasa por ser a primeira vítima dun goberno submiso e rendido aos cabalos do grande capital.

Ler mais