Núñez Feijoo minte cando afirma que apoia ao Sector Lácteo Galego

Hai cousas que non cambian

A Xunta de Galiza proclámase defensora do sector pero en realidade goberna de maneira lesiva para os intereses dos productores/as de leite galegos/as

 

Lugo, 12 de Xuño de 2012.-  A pasada semana, parte dos axentes do sector lácteo galego reuníronse co presidente da Xunta de Galiza Alberto Núñez Feijoo e coa conselleira do Medio Rural e do Mar Rosa Quintana co obxectivo de facer unha posta en común sobre o futuro do sector do vacún de leite.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA valoramos positivamente que haxa xuntanzas para dar solucións ao sector lácteo galego, iso si, sempre que estean dirixidas para chegar á resolución dos desequilibrios que existen entre o sector produtor por unha banda e o sector da industria e da distribución pola outra.

Ler mais

A Plataforma Contra as Fumigacións manifestouse este domingo pedindo unha Galiza libre de pesticidas

Imaxe da faixa da FRUGA. Foto: Manolo Domínguez

Entre as organizacións convocantes estaba a FRUGA, representado aos moitos e moitas propietarias forestais que rexeitan estes atentados contra o noso medio natural

Compostela, 12 de xuño de 2012.- Varios centos de persoas secundaron a manifestación convocada pola “Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas”o dimingo, 10 de xuño, en Compostela, para protestar contra a intención da patronal pasteira de erradicar a praga do gorgullo do eucalipto con fumigacións por toda Galiza, utilizando medios aéreos, e cun pesticida que será prohibido este ano en toda a Unión Europea: o Cascade (Basf) que ten por principio activo o flufenoxuron.

Ler mais

Rexeitamento multitudinario á Lei de Montes que pretende convertir Galiza nun grande eucaliptal

As rúas de Compostela acolleron unha manifestación convocada pola ORGACCMM e apoiada pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, organización da que fai parte a FRUGA xunto á CIG, ADEGA e a propia ORGACCMM

Compostela, 10 de xuño de 2012.- As rúas de Compostela foron no dia de onte o lugar escollido para protestar contra unha Lei de Montes que atenta seriamente contra a estructura económica e social do monte galego. O texto, elaborado polo PP, pon de novo en perigo a seguranza das persoas acurtando as franxas de protección contra os lumes forestais, asi como a viabilidade da actividade gandeira toda vez que permite a forestación de terras agrarias. Agrede ademais unha das figuras mais senlleiras da estructura propietaria galega, como é o Monte Veciñal en Mao común.

Ler mais

FRUGA súmase á convocatoria de manifestación nacional en contra da Lei de Montes do PP

A protesta, convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes, é apoiada pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, da que fai parte a FRUGA

Compostela, 8 de xuño de 2012.- A Federación Rural Galega-FRUGA  apoia a convocatoria e participará activamente na Manifestación que está convocada para mañá sábado ás 12 h na estación do tren de Santiago para manifestar o noso reixeitamento á lei de montes que presentou o PP e que está tramitándose no Parlamento Galego. Por que nos opomos a esta lei de montes?

Ler mais

A FRUGA valora moi positivamente a participación na movilización celebrada en Vimianzo para denunciar a trama das subvencións fraudulentas

Foto cedida por quapasanacosta - autora Susana Alvite

As explicacións dadas polas distintas entidades non satisfaceron aos/às afectadas

A resposta da Xunta recollida en distintos médios dá risa

 

Cee, 7 de xuño de 2012.- As mais de dúas horas de protesta protagonizada pólos afectados e afectadas pola trama presuntamente fraudulenta para o cobro de subvencións forestais serviu para sacar á rúa un problema que se tenta agochar desde distintos estamentos. O perto dun centenar de persoas que participaron da protesta conseguiron chamar a atención da sociedade sobre un problema que cada día deixa mais persoas afectadas, segundo van aparecendo novos expedientes irregulares.

Ler mais