A FRUGA solicitou unha entrevista co presidente de “Terneira Galega” para que nos explique os argumentos xurídicos do propio veto
Lugo, 11 de maio de 2012. – En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou, en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.
Dentro destes consellos reguladores, FRUGA presentou unha candidatura a “Terneira Galega” (TG) a través dunhas das distintas asociacións profesionais agrarias, que están integradas na propia FRUGA.