A FRUGA organiza aos afectados e afectadas pola presunta fraude de “Maceiras e Esmorís”

A solicitude irregular de subvencións forestais afectaría a centos de habitantes da Costa da Morte, e, probabelmente, estenderíase a outras zonas da Galiza.

Logo das distintas denuncias apresentadas o empresário Manuel Maceiras está imputado por fraude.

Cee, 7 de marzo de 2012.- Os até agora 14 expedentes presuntamente irregulares dos que ten coñecimento a FRUGA poden ser tan só a punta do iceberg dun entramado moito mais extenso que ocultaria o cobro de subvencións dirixidas a propietario e propietárias forestais, e que beneficiarian directamente à empresa Maceiras & Esmoris, domiciliada en Vimianzo. Todos estes expedientes coinciden no uso de documentación e dados persoais de distintos veciños e veciñas da Comarca, asi como na presunta falsificación das suas sinaturas en distintos documentos, tanto relativos às ditas subvencións como bancários, entre outros.

Ler mais

FRUGA esixe a fin dos retallamentos ás explotacións extensivas galegas

Estímase un recorte nos importes de case o 45% nas axudas ao fomento de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo

Lugo, 2 de marzo de 2012.- En abril de 2008, a anterior Consellería do Medio Rural (CMR) sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea, é dicir, unha aposta por unha produción agraria máis acorde co medio natural e dunha produción gandeira baseada na alimentación dos animais con recursos naturais propios. Deste xeito, apoiábase por unha banda o aumento da calidade e da competitividade dos produtos agrarios, e por outra, fomentábase o desenvolvemento sustentable da actividade agraria e, xa que logo, ao desenvolvemento das áreas rurais e á fixación de poboación nas zonas máis desfavorecidas.

Ler mais

Concentración diante do Parlamento en protesta pola instalación da incineradora do Irixo

A FRUGA fai parte da Plataforma que aglutina o movimento contrario à instalación da incineradora. As protestas continuarán mestras se van producindo mais adesións. Compostela, 29 de febreiro de 2012.- Na xornada de onte celebrouse un acto mais reclamando a paralización do proxecto que pretende construir unha grande incineradora de resíduos no Concello do irixo. … Ler mais

“Galiza rural, orgullosa de ser”

Imaxen da Asemblea Constituinte.

Este é o noso lema para a primeira Asemblea Nacional da FRUGA

Convocadas as primeiras asembleas comarcais.

Compostela, 28 de febreiro de 2012.- Nestes días dan comezo os debates preasembleares que percorrerán o País par dar a coñecer os textos a debate na nosa Asemblea Nacional. Ademais debateremos sobre a nova reforma da PAC e a posición da FRUGA ao respecto e as nosas propostas. Así se fixo saber as filiados e filiadas da FRUGA que de seguro respostarán coa participación, o debate e innumerábeis aportacións a esta cita que abre unha nova xeira na nosa organización e que parirá non só unhas teses anovadas, realizadas desde a participación direta da filiacián, senón unha organización reforzada e pronta à asunción dos novos retos que a situación que a dificil coxuntura galega e mundial precisan. 

Ler mais