A FEDERACIÓN RURAL GALEGA TEN NOTICIAS DE MOVIMENTOS À ALZA NO PREZO DO LEITE NA GALIZA.

Segundo informacións manexadas pola FRUGA, no mes de setembro poderia haber subidas de entre 2 e 3 céntimos no recollido nese periodo.

Segue estando lonxe dos prezos pagados no resto do estado, e do prezo de referéncia en Francia.

Compostela, 30 de agosto de 2010.- Desde a Federación Rural Galega vemos com optimismo o anúncio de suba no prezo do leite pagado ao produtor/a que nestes dias barallan algunhas das principais empresas recolledoras de leite no país. Estas subas, que algunhas fontes situan nos 2 e 3 céntimos segundo industrias, poden supor un pequeno balon de oxixeno para as “tocadas” explotacións leiteiras do País, mais fican lonxe dos compromisos acadados no marco do acordo lácteo de Madrid, que recollia um prezo de referéncia similar ao prezo pagado pólo leite em Francia, mais uns 3 céntimos,  equivalentes ao custe de transporto dese leite. Deste xeito, ainda coa suba que parece se vai producir, ficamos lonxe deses 36 céntimos que deberan servir de referéncia como prezo mínimo para o leite producido na Galiza.

A necesidade de cumplir co acordo.

Para a FRUGA, este anuncio non fai mais que reforzarnos na idea e na necesidade de que quenes asinaron o acordo do ano pasado teñen a obriga de velar e de extender o mais posíbel o cumplimento o acordo no que se establece que o prezo que debe figurar nos contratos ven determinado polo prezo de referencia do Estado Francés mais o custe dos servizos de transporte, o que significa que o prezo a pagar polo leite ás explotacións galegas ten de ser de cando menos de 36 centimos.

Ainda que este anuncio de suba no leite que se vai recoller no més de setembro fora extensíbel a toda a industria recolledora na Galiza, é evidente que se está moi por baixo dos prezos necesários para vivir com dignidade e com certo nível de seguranza da actividade produtora de leite.

Por iso ainda que nos podamos congratular destes pequenos avanzos, non podemos esquecer nen tan sequera aprazar a necesidade de acadar prezos dignos para o noso leite, utilizando todas as ferramentas que topemos á nosa mao, sendo a negociación deses contratos homologados unha desas ferramentas.

Cambios no sistema de crotalaxe e identificación de gando bovino

Lugo, 30 de agosto de 2010.- Nos últimos dias estamos a observar unha serie de cambios no que respecta os sistema de crotalaxe e identificiación de gando bovino, actualmente estas labouras estabanse a realizar de dúas formas distintas. Unha a través dos veterinarios identificadores, figura esta creada no ano 1998, que acuden as explotacións para poñer ó crotal os animales, e o mesmo tempo para dar de alta os distintos movementos de animales que se dan nas explotacións, como morte dun animal, nacemento ou venda. Outro sistema que se utilizaba consistía en que os/as gandeiros/as, acudisen as oficinas comarcales polos crotales e realizasen eles as labouras de crotalaxe, acudindo igualmente a ditas oficinas co fin de comunicar os movementos de animales nas explotacións, nacementos, ventas ou mortes de animales.

Actualmente estamos a observar unha serie de cambios, principalmente en algunhas comarcas do país, sen saber moi ben como se vai a desenrolar o novo sistema de marcaxe e crotalización do gando bovino. Segundo se puido saber estes últimos dias,  as explotacións agrarias que acudían ás oficinas comarcales a recoller os crotales, recibiron a noticias de que a partir de agora podían recoller unha cantidade de crotales equivalente o 70% das vacas dunha explotación, e que cada vez que marcasen un animal tiñan que dalo de alta. Pero o que si non sabemos a dia de hoxe é onde temos que realizar estas altas, nen as baixas de animales que antes se estaban a realizar nas oficinas veterinarias comarcales. Igualmente as explotacións que están a traballar cos veterinarios identificadores non saben se estes veterinarios van a seguir acudindo as explotacións, ou pola contra teñen que utilizar os servicios veterinarios comarcales.

Esta serie de cambios deixan varias cuestións sen aclarar, como xa dixemos anteriormente non sabemos se os veterinarios identificadores van seguir acudindo as explotacións ou non, non sabemos se estas altas ou baixas que anteriormente se realizaban nas oficinas veterinarias comarcales se van a seguir facendo ou non, en fin a dia de hoxe a Consellería de Medio Rural non clarificou como se vai realizar o novo sistema de marcaxe e crotalización do gando bovino.

Dende a Federación Rural Galega(FRUGA), temos solicitada unha entrevista coa delegada da Xunta de Galicia en Lugo, co fin de que nos aclaren toda esta serie de cambios, e unha vez aclarados analizaremos as consecuencias que poden ter para as nosas explotacións. Unha vez máis estamos ante unha deixadez e un abandono absoluto por parte da Consellería de Medio Rural, todo tipo de cambios precisan dunha información previa, actualmente temos certa desconfianza ante esta nova operación, cando se esta a realizar cun ocultismo total e absoluto

FRUGA CO-RESPONSABILIZA ÀS ORGANIZACIÓNS AGRÁRIAS DOS BAIXOS PREZOS DO LEITE

En Xullo de 2009 assinouse un acordo sobre os contratos homologados no sector lácteo, por parte, entre outros, de UU.AA., XX.AA. AGACA, FENIL e Ministerio de Ambiente, y Medio Rural y Marino, que a dia de hoxe ainda non se cumpliu.

FRUGA anima ás labregas e labregos a participar nas movilizacións do 29 de Setembro convocadas pola CIG en defensa dos seus direitos.

Santiago de Compostela, 26 de Agosto de 2010.- O punto 1 do acordo establecía que “en cada contrato individual que se suscreba figurará, cando menos, obligatoriamente:”

“a) O prezo acordado entre gandeiro/suministrador e industria/comprador, a partir dun sistema de indexación que terá en conta, a falta de referenca nacional (estatal), a media anual dos prezos practicados en outros Estado membros, principais suministradores de leite a España, en particular Francia, neste caso referenciarase ao publicado por l´Office de l´Élevage xunto co custe medio dos servizos de transporte”

O punto 6 do acordo estabelecia un Comité de Seguimento onde estan presentes as partes asinantes co fin de “ impulsar a súa aplicación entre os asociados das organizacións asinantes, coñecer a súa evolución e realizar, no seu caso, propostas para a súa mellora. Dito Comité, para cumprir este cometido, elaborará, coa periocidade que se estableza, informes que serán elevados aos órgaos directivos das organizacións asinantes. O Comité de Seguimento, estará formado por representantes de cada unha das organizacións asinantes, designados a tal efecto polos órgaos directivos, e será presidido por un representante da Secretaría de Estado de Meio Rural e Auga do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.. .”

A dia de hoxe observamos como no Estado francés se ten estabelecido um prezo mínimo que supera em 7 céntimos ao prezo meio que se está a pagar na Galiza, onde temos o prezo mais baixo de todo o Estado. Este é o resultado dun acordo anunciado “a bombo e platillo” mas que ningun dos asinantes, desde os sindicatos ao Ministério do Médio Rural (auto-proclamado garante do seu cumplimento) fixo nada pólo seu cumplimento.

Perante deste panorama desde FRUGA temos de nos fazer unhas cantas preguntas: Por qué non se está a respectar o subapartado a) do punto 1 do acordo asinado en Xullo de 2009?. Está a funcionar o Comité de Seguimento?, e si é así, con que regularidade e que informes e propostas fixo para mellorar o acordo que non se está a cumplir?, que papel está a cumplir o Ministerio de Medio Rural?, neste sentido FRUGA ten solicitada unha xuntanza co señor Conselleiro.

Tendo de conta o acordo asinado no Estado Francés, desde FRUGA, consideramos que é o momento oportuno para fazer cumplir o acordado, e non debemos esquencer que hai un documento asinado polas partes e que o Ministerio, como diciamos, puxose como o garante para fazelo cumplir.

Ademais temos de denunciar novamente a inactividade da Conselleria do Medio Rural que, nestes momentos, tiña que estar facendo uso das suas competencias e demandar perante o Ministerio de Medio Rural o cumplimento do acordo.

Algunha organización deberia preocuparse mais por facer cumplir o que asina que preocuparse polo peche dos cuarteis da garda civil no rural, por que o futuro do rural galego depende mais da viabilidade das nosas explotacións leiteiras que da presencia ou non da garda civil.

Mención aparte merecen os anúncios de folga de entregas feitos no dia de onte, precisamente desde posicións que deixaron ao sector tocado de morte na Galiza tras das mobilizacións levadas a cabo a fins do ano pasado, logo da sua incapacidade para xestionar unha saída digna a um conflicto que mobilizou centos de tractores de todo o País. Lembrar que xá daquela anunciaran o comezo dunha folga de entregas que non foi secundada nen pólos seus próprios dirixentes. Na practica o que conseguiron foi reforzar as posicións da industria, votarlle balons fora à Xunta, propiciando o actual estado de desánimo e desmovilización no sector produtor.

Para facer frente a esta situación, é polo que FRUGA fai un chamamenteo ás labregas e labregos deste País a sumarse ás movilizacións convocada pola CIG con motivo da folga xeral do 29 de Setembro, en defensa das nosas producións e dos nosos direitos, e por unha vida digna para a xente do rural galego.