Intensa actividade formativa da FRUGA no sector forestal.

FRUGA recorreu toda a xeografia da província de Lugo con catro cursos sobre diversos aproveitamento do monte.

Os cursos, en colaboración coa FORGA, están a achegar a proprietários/as e comuneiros/as outro modelo de xestión forestal mais alá da mera produción de madeira.

Lugo, 20 de decembro de 2011.- A produción de cogumelos, o bioturismo, os pequenos froitos ou a gandeiria extensiva son algunhas das actividades complementares que estes dias proprietários/as e comuneiros/as das comarcas de Sárria, Lugo e A Mariña poideron coñecer de man da FRUGA no marco de catro cursos formativos celebrados nos concellos de Sárria, O Íncio, Lugo e Ribadeo.

Ler mais

FRUGA participou este fin de semana da FEIRACTIVA de Arzua.

FRUGA, CIG, ADEGA e ORGACCMM compartiron mesa para analisar a nova Lei de Montes e as súas consecuéncias.

FRUGA dá voz aos labregos e labregas do País nun frente comun contra unha Lei lesiva para o noso território e os seus habitantes.

Compostela, 19 de decembro de 2011.- Na mañá de onte e no marco da FEIRACTIVA celebrada en Arzua, celebrou-se a mesa redonda que baixo o título “A nova Lei Galega de Montes. Cara onde imos?” serviu para expor à sociedade a nosa visión dunha Lei que pode supor un antes e un despois nas políticas forestais galegas.

Ler mais

FRUGA RESPONSABILIZA Á XUNTA DE GALIZA DO INCENDIO QUE ESTE FIN DE SEMANA ARRASOU A RIBEIRA DE PIQUÍN

Máis de 350 Ha arderon perante a falta de política de prevención de incendios do Goberno do Partido Popular

Lugo, 25 de outubro do 2011. Este fin de semana a provincia de Lugo asistiu atónita a unha nova mostra de incompetencia por parte do Goberno da Xunta. O Concello da Ribeira de Piquín sufríu un incendio cunha superficie afectada de máis de 350 Ha con graves consecuencias para o medio rural no seu conxunto, ademáis de ser unha catástrofe ecolóxica e ambiental.

Pola súa parte, ante a dimensión dos incendios que se están a dar en Galiza, o Goberno Galego limítase a manifestar que todo se reduce a un problema de delincuencia e que polo tanto a solución é responsabilidade do Goberno do Estado.

Ler mais

INICIADA ROLDA DE CONTACTOS NO PARLAMENTO PARA APRESENTAR AS NOSAS ALEGACIÓNS À LEI DE MONTES

Comparecéncia en rolda de prensa tras o encontro.

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Confederación Intersindical Galega (CIG), Federación Rural Galega (FRUGA) e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mao Común (ORGACCMM) reunen-se co gurpo parlamentar do BNG para tratar o proxecto da Lei de Montes de Galiza.

Compostela, 24 de Outubro de 2011.- Perante a que semella iminente aprobación do proxecto de Lei de Montes de Galiza, as catro organizacións apresentamos o pasado dia 19 de Outubro solicitude de reunión cos grupos parlamentares que teñen representación no Parlamento de Galiza: BNG, PP e PSOE, sendo recebidos hoxe polo BNG  e estando previsto que nos reciba o PP o próximo dia 26.

Ler mais

FRUGA ESIXE Á CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL AXUDA URXENTE PARA AS EXPLOTACIÓNS AFECTADAS POLOS LUMES.

Fruga súmase a concentración de mañá sábado ás 12h na Pobra de Trives en defensa dos nosos montes e para esixir solucións a Xunta para os gandeiros e veciños afectados .

Compostela, 21 de outubro do 2011. Estes últimos días a cidadanía galega asistiu atónita a unha nova mostra de incompetencia por parte do Goberno da Xunta. Ante a dimensión dos incendios que estaban a arrasar a provincia de Ourense, o Goberno Galego limitouse a manifestar que todo se reducía a un problema de delincuencia e que polo tanto a solución era responsabilidade do Goberno do Estado. A súa pasividade e manipulación de datos só fixo agravar a situación ata levala a dimensións de catástrofe.

Ler mais